8.6 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Andy García:”Desde pequeno teño a fantasía de facer rir á xente”

//Xosé Manuel Lema//

Para moitos dos nosos lectores Andy García Pereira xa é alguén coñecido, pero para outros non. Por iso quixemos conversar con el e lle pedimos que se presentara el mesmo.

Quen é Andy García?

“Son Andy García, un rapaz normal que ten desde pequeno a fantasía de facer rir á xente tanto en persona como mediante vídeos para as redes sociais.Empecei a compartir o meu humor pola rede social chamada Tuenti fai uns cantos anos, despois mediante Snapchat e Twitter e finalmente por Instagram a día de hoxe”.

A cousa funcionou ben e “e pouco a pouco fun gañando seguidores na miña conta persoal ata chegar aos 7.200 seguidores que teño a día de hoxe”. 

Como nos comenta Andy, tamén subían os “likes” e non paraba de recibir mensaxes. E decidiu subir ao tren de Youtube.

Unha canle de Youtube

“Agora mesmo levo cerca de 2 meses con un canal de youtube xa que o meu nombre chegou a oídos de unha empresa adicada a captar novos talentos e aceptei a oferta de traballar para eles con un canal. Para buscarme é fácil xa que o nombre é simplemente o meu Andy García”.

Os luns e xoves, ás 19,30h sube novos vídeos. Non ten unha temática fixa:”Pásoo tan ben maquillándome como gastando unha broma telefónica. Tento sempre variar o contido”.

O seu obxectivo é seguir avanzando e poder adicarse profesionalmente a este mundiño:”Agora mesmo e como me está indo ben no tema do Youtube, supoño que sí me quero adicar a isto porque foi unha oportunidade que non ten todo o mundo e a min chegoume sen sequera buscar por ela”.

Días de cuarentena

Cando falas con alguén nestas datas é inevitable preguntar polo confinamento:”A cuarentena estouna levando bastante ben dentro do que cabe aínda que eu son de estar máis fóra da casa ca dentro pero distraiome subindo historias ao Instagram a maior parte do día para que a xente teña algo para ver no meu perfil”.

Andy García, de Santa Comba,  ten dous irmáns xemelgos e confesa que “non me aburro casi nunca”, aínda que agarda “que esto se acabe o antes posble e se poida volver a normalidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos