VÍDEO GANDEIROS XALLEIROS
Un grupo de gandeiros de Santa Comba lanzou nas redes sociais un vídeo no que poñen imaxes a unha canción interpretada por Estopa e Rozalén.Pretenden visibilizar o traballo dos gandeiros e nestas datas do coronavirus lanzar unha mensaxe de ánimo e unirse ao chamamento xeral para que os veciño/as sigan nas súas casas.
“Somos un sector da poboación do que pouca xente se lembra, pero incluso en tempos difíciles traballamos para que a vós non vos falte de nada” aseguran neste vídeo que xa leva milleiros de reproduccións en Facebook.
Foi unha moza da parroquia de Alón, Carla Antelo Pereira, a que tivo unha idea na que participaron: Ganadería Pistulario, Ares Gil, Os Agros, Samblanco, Maleiro, Sat Perilla, Casa Dego, Redondo, Ganadería Pambal, Ganadería Capelo, Ganadería Chao,Ganadería Maroñas, Ganadería Quiroga, Ganaderia Arixón, Ganadería Farrucan, Elena Boaña, Isabel, Fariña Espasandín, Ganadería Bustelo, O Rubio, Domínguez Porteiro, Ganaderia Iglesias Agra, Justo e María, Ana, Sat Corchete Loureiro.