4.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Cambio climático, parques eólicos e xabarís

Entrevista á secretaria executiva de ADEGA, Belén Rodríguez. Desde o minuto 29.

A asociación ecoloxista ADEGA pensa que “hai que regular” a xestión dos residuos no medio rural e no sector agro-gandeiro, que provoca un  “forte impacto ecolóxico”; se ben “non é o único nin o principal causante das emisións de gases de efecto invernadoiro”.

A secretaria executiva da veterana entidade ecoloxista, Belén Rodríguez, citou “as granxas industriais que non dan xestionado os xurros, o que implica unha sobrecarga de contaminación nas terras e nos acuíferos”.

Para Rodríguez, na problemática do cambio climático “todos temos un pouco de culpa, pero algúns máis que outros”. Referiuse o sector industrial, e a pegada ecolóxica evidente, citando que “hai 10 ou 12 industrias” que son as principais responsables.

Desde Adega defenden “unha transición ecolóxica xusta social e ambientalmente” e “un novo modelo industrial galego”.Tamén piden que a administración teña en conta alternativas para os postos de traballo que se poden ver afectados, por exemplo, co peche das centrais térmicas.

Febre de muíños de vento en Galicia

“Non estamos en contra da enerxía renovable pero hai formas e formas”. En declaracións a Radio Xallas a dirixente ecoloxista demandou unha “adecuada regulación” e ter en conta “as cuestións sociais” ante “unha febre eólica na que só importa poñer cantos máis muíños mellor, que benefician ao gran capital”.Reivindica que haxa “compensacións” e “un beneficio compartido”.

Falta de planificación na xestión do xabaril

Belén Rodríguez tamén se referiu a “falta de planificación” na xestión do xabaril e a falta de datos.”Non hai ningún estudio obxectivo de poboación. Non sabemos a poboación de xabarís que temos. Nin porque están cada vez máis preto das casas”.

Desde ADEGA teñen claro que “por moitas batidas que se autoriza o problema non está remitindo”. Esixen tamén que haxa compensación de danos “con axilidade e eficacia”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos