Medio cento de veciños do lugar de Vilarnovo, na parroquia de Freixeiro, en Santa Comba, celebraron o pasado sábado unha xuntanza veciñal, a carón dun exquisito cocido, propio destas datas.
É a primeira edición dun xantar de Entroido nesta localidade, promovido por dúas mozas, que nace con ánimo de continuidade e coa idea de dinamizar a vida social neste lugar.
Xa con motivo do San Xoán houbo outro encontro veciñal. Nesta ocasión, as filloas, a empanada, o cocido e os disfraces tomaron o relevo das sardiñas, no xantar desenvolvido no local parroquial de Freixeiro.