10.3 C
Santa Comba
lunes, marzo 10, 2025

Isabel Vilalba:“Falamos do cambio climático e prefiren traer produtos desde milleiros de quilómetros, cando os temos aquí”

Escoita a entrevista a Isabel Vilalba desde o minuto 27

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego demandou o apoio aos produtos galegos, xa que “cada vez temos máis chegada de alimentos” doutros continentes, que non teñen as mesmas garantías sanitarias.Con motivo da presentación da campaña “O rural galego sobre a mesa”, Isabel Vilalba, falou en Radio Xallas, desde onde denunciou o mantemento “das mesmas políticas que levaron a que se teñan prezos de fai trinta anos”.

Non entende esas importacións masivas de produtos como a carne “en países excedentarios” e a sinatura de tratados con Mercosur:“Falamos do cambio climático e prefiren traer produtos desde milleiros de quilómetros, cando os temos aquí”. 

Potenciar os produtos de proximidade

Isabel Vilalba considera que hai que apostar polos “produtos de proximidade”, e alertou das confusións que as veces hai na etiquetaxe e tamén no uso de materias activas, sulfatos, pesticidas e hormonas “que na Unión Europea non están permitidas”.

Unha das propostas do Sindicato Labrego Galego é que se adquiran produtos locais para os comedores escolares ou os hospitais.”A compra pública é unha ferramenta enorme”.

Que os políticos asuman a axenda do rural na campaña electoral

Tamén lanzou unha mensaxe aos partidos políticos, “para que nesta campaña collan a axenda do rural como fundamental”. Desde o SLG queren que “se visibilice todo o que aportamos a sociedade e as súas necesidades”

Con respecto á P.A.C. parécelle “moi inocente” a postura da consellería do Medio Rural, xa que “todos os territorios están poñendo as súas demandas enriba da mesa e ao mellor despois é tarde”.Vilalba pensa que hai marxe nos fondos europeos e pediu que “cobren as persoas que están en activo”.

Outro dos asuntos abordados no programa radiofónico “Na Encrucillada” foi o das terras agrarias e a necesidade de que Galicia empece por recuperar a curto prazo, polo menos, un terzo da terra. Na actualidade Galicia ten un 21% de terras agrarias, por un 70% de Irlanda, por poñer un exemplo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos