Información relacionada en este enlace
O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou nunha entrevista en Radio Xallas que se ampliará o prazo das subvencións para investimentos das explotacións(plans de mellora) e a incorporación de agricultores mozos.
“Esta mesma semana no Diario Oficial de Galicia ampliaremos o prazo destas subvencións un mes” avanzou o conselleiro, que asegurou que a medida ten “a finalidade de que aqueles que necesitan máis prazo poidan solicitar as axudas”.