15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

Este mércores abre o prazo para solicitar as axudas para os plans de mellora e a incorporación de mozos ao agro

A Xunta de Galicia destina 41 millóns de euros nunha nova convocatoria das axudas para plans de mellora nas explotacións agrarias, incorporación de mozos ao agro  e ao desenvolvemento de pequenas explotacións.

ACCESO AO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

En total son 24 millóns para plans de mellora, 14 millóns para a incorporación de mozos á actividade agraria e 3 millóns para a axuda a pequenas explotacións.

Unha vez publicada a orde no Diario Oficial de Galicia, o prazo para presentar solicitudes está aberto desde este 29 de xaneiro e ata o vindeiro 28 de febreiro.

Algúns datos sobre esta convocatoria

Incorporación de mozos: 

– Para máis de 18 anos e que non teñan cumpridos os 41 na data de presentación da solicitude.

– Compromiso de manter a actividade durante un mínimo de cinco anos.

– Subvención do plan empresarial cunha contía básica de 20.000 euros que poderá incrementarse segundo os casos.

Plans de mellora

– Axuda dun 30% dos custos elixibles (Poderá incrementarse ata un 50% en función de distintos criterios)

Pequenas explotacións

– Achega de 15.000 euros pola execución do plan empresarial.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos