13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Concentración “por unha nova xestión do xabaril”

O sindicato Unións Agrarias convoca unha concentración fronte ao Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela,  “por unha novq xestión do xabaril”. Será o vindeiro martes 28 de xaneiro a partir das 16:30h.

Desde o sindicato piden o apoio cidadán “para amosarlles aos grupos políticos o malestar existente ante a crecente problemática provocada polo xabaril”.

Aclaran que se trata “dun asunto que trascende o medio rural, e que precisa dunha resposta responsable e acorde”.UUAA asegura que este asunto xera sete accidentes de tráfico ao día, e 15 millóns de euros anuais en perdas para agricultores e gandeiros.

E tamén que se trata dun problema non só para agricultores e gandeiros, senón tamén para a seguridade viaria sendo ademais “un potencial risco para a seguridade alimentaria e o futuro da industira cárnica de porcino “.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos