9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Francisco Chan:”Os cazadores non somos deportistas, somos xente que facemos un aproveitamento no rural”

Entrevista desde o minuto 51 deste audio

O presidente da asociación de clubes de Caza Maior, Francisco Chan, afirmou que “a caza ten futuro ao lado do rural e dos gandeiros” e nese ámbito se debe asentar xa que “os cazadores non somos deportistas, estamos facendo un aproveitamento no rural. O 98% non practica a competición”.Calificou de “anacronismo histórico” dos tempos do franquismo, que a actividade cinexética dependa das autoridades en materia deportiva. 

Nese senso pena que os campionatos de caza de raposo están “perxudicando a nosa imaxe pública”. De todos os xeitos, tamén considera que na actualidade “son legais e teñen dereito a facerse” e débese de “garantizar a súa celebración” por parte das forzas de seguridade. Tampouco lle convence o papel da Federación Galega:”As federacións europeas non se dedican ao reparto de medalliñas”. Para Chan deberían converterse en asociación de cazadores.

Xabaril, cazar na época de inverno

Relacionou ao ente federativo co fracaso das medidas para o control da poboación de xabaril. “Pensaban que con ter contenta e subvencionada á federación de caza xa estaba. A administración ten que sentarse a falar con todos”, dixo.

“A conselleira por fin tomou nota. Contáronlle a verdade do que está pasando” continuou, valorando positivamente que ao parecer Ánxeles Vázquez estaba escoitando aos tecores.

Segundo explicou nunha entrevista en Radio Xallas, coas medidas de caza implantadas púxose nunha situación complexa aos tecores “xa que terían que facer frente a todos os accidentes de tráfico” ocasionados nestas xornadas.

Este cazador considera que “hai que cazar na época de inverno”, xa que despois é “contraproducente” xa que «mátanse menos xabarís e espántanse moitos”.

Reiterou o seu convencemento de que as “esperas” ou a dispersión disuasoria sería mellores alternativas e criticou “os impedimentos dunha burócrata” neste tema.Sobre os novos tempos políticos, para Chan “a caza non está en perigo mande Xan ou Pericán”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos