O concello de Mazaricos volve a poñer o foco sobre o potente sector leiteiro do municipio, e en colaboración coa asociación Gandeiros de Mazaricos e Africor organizan “unha semana chea de actividades”, que arrancarán o vindeiro luns cos obradoiros de elaboración de produtos lácteos a cargo de Lidia Ferreras.
O sábado na Casa da Cultura da Picota desenvolveránse as xornadas técnicas. O xefe do departamento técnico de CONAFE, José Antonio Jiménez falará sobre as novidades no programa de selección de raza frisona(10.30h), o director de Banca Agro de Abanca, Jesús Combarro sobre “a aposta de Abanca pola sustentabilidade do sector” e Ismael Vilacoba e Antonio Pérez, de Nortesla, sobre enerxía fotovoltaica.O último ponente das xornadas será Juan Castro, enxeñeiro agrónomo do CIAM.
O sábado pola tarde no recinto feiral haberá distintas actividades desde as 16.3h, con obradoiros de estampado de camisetas, trenzado de sancosmeiros, touro mecánico e unha degustación de balde de “Bicos de Xeado”.
O domingo 1 de decembro terá lugar a poxa de xovencas frisonas, que leva o nome de “José Moreira”, en lembranza e recoñecemento a este grande impulsor do evento. Segundo o presidente de Africor, Manuel Antelo Vilariño, hai 17 explotacións inscritas con 50 animais preseleccionados, dos que sairán a subasta a metade. Está convencido de que a poxa “vai a ser un éxito rotundo”.
Durante este último fin de semana de noviembre(viernes y sábado), también se celebrará una Ruta de Tapas en la que participarán Restaurante Barallas (Pino de Val), Bar Rial (San Fins), Asador Manduca (A Picota, Albergue Virxe da O (Quintáns), Campamento Corzón (Corzón), Pizzería Vinculeiro (A Picota), Casa Jurjo (A Picota), Casa Senra (A Picota), Casa Pego (San Cosme de Antes),Bar O Pallote (A Picota) y Bar EFE EME (A Picota).