24.4 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Xan García:”Hai moitos intereses creados ao redor da caza”

”Podemos dictar moitas normas para impoñer moitas multas e o que facemos é provocar a morte dos animais de maneira clandestina  e os venenos. E iso é o que temos que evitar porque sería un verdadeiro desastre”.

Escoita o audio coa entrevista a partir do minuto 30

Xan García Pouso foi durante 18 anos e medio presidente da Sociedade de Cazadores de Vimianzo. E nunha longa entrevista en Radio Xallas reflexionou sobre a problemática do xabaril.

“Os montes están cheos de leña e os xabarís proliferan moitísimo. É un problema social pero non vexo políticas serias que aborden este tema” afirma García que opina que “hai moitos intereses creados arredor deste fenómeno e quen non ten nada que ver coa caza pero tamén se lucra disto”.

Entendemento entre tecores e administración con serenidade

Pensa que a solución pasa polo entendemento entre os tecores e a administración, afrontando o asunto “con serenidade e sen ocorrencias”. Xan García ten a sensación de que “están levando a voz cantante nos medios de comunicación, persoas que non teñen nada que ver coa práctica da caza”.

Entende que “a caza non é somentes un deporte, é unha actividade cinexética e económica” e que “non se pode falar do rural obviando as actividades cinexéticas”. Tamén considera que “a veces opinamos desde o interese partidario e non resolvermos o problema”.

“Temos que convivir co lobo e co xabaril”

O ex-presidente dos cazadores soneiráns está convencido de que “temos que convivir co lobo e co xabaril” aínda que pide “poñerse na pel dun gandeiro ou veciño ao que lle matan unha ovella ou unha vaca. A esa xente hai que sufragarlle esas perdas pero a saída tampouco é a exterminación do lobo”.

García Pouso insiste en que a administración ten que “ter en conta á xente experta e escoitar ao rural” e recalca que “os cazadores queren protexer e defender o medio ambiente”.

Os señoritos do asfalto

Ademais aludiu á clase política que denominou como “señoritos do asfalto”, que “lanzan proclamas en favor dos animais pero non teñen nin puñetera idea do que país que representan e que fan leis que logo nos machacan”.

Advierte que estas maneiras de actuar poden ser contraproducentes:”Podemos dictar moitas normas para impoñer moitas multas e o que facemos é provocar a morte dos animais de maneira clandestina  e os venenos. E iso é o que temos que evitar porque sería un verdadeiro desastre”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos