O director técnico da Asociación Forestal de Galicia, Xosé Covelo, puxo en valor a formación e o asesoramento dos propietarios forestais para fortalecer un sector “que ten todo o potencial do mundo en Galicia, nunha das rexións forestais máis importantes de toda Europa”.
Audio coa entrevista a partir do minuto 28 de programa
Con esta intención a AFG presentou unha batería de programas formativos sobre xestión de montes veciñais, certificación forestal, silvicultura, etc.“Hai que apostar pola silvicultura activa que mire ao monte como unha oportunidade e non como un problema” precisou Covelo que considera que a información é básica “para facer as cousas ben”.
Xosé Covelo
Ten claro que un dos retos pasa polas boas prácticas para aproveitar “o valor engadido das pezas de calidade” e optar pola produción de madeira de alto valor e tamén non esquecerse de produtos como as castañas e os cogumelos.
Sobre os incendios forestais “que nos quitan o sono cada vran”, lamentou a acción de “desalmados” pero engadiu que 2nun monte ben xestionado o monte recupera moito antes”.
Cursos da Asociación Forestal Galega
Silvicultura de frondosas para a produción de madeira de alto valor
– A Estrada (Pontevedra), 27 e 28 de setembro.
– Melide (A Coruña), 18 e 19 de outubro.
– Lugo, 25 e 26 de outubro.
Silvicultura de coníferas
– Sarria (Lugo), 27 e 28 de setembro.
– Ponteareas (Pontevedra), 18 e 19 de outubro.
– As Pontes (A Coruña): 25 e 26 de outubro.
– Negreira (A Coruña): 8 e 9 de novembro.
Os cursos son gratuítos, pero é precisa a inscrición previa, ben a través do e-mail afg@asociacionforestal.org, ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214.
Xestión de xuntas reitoras de montes veciñais
– Pazos de Borbén (Pontevedra): 25 de setembro.
– Mazaricos (A Coruña): 27 de setembro.
– Rois (A Coruña), 28 de setembro.
– As Neves (Pontevedra), 5 de outubro.
– Vigo (Pontevedra), 11 de outubro.
– O Valadouro (Lugo): 18 de outubro.
– Trabada (Lugo), 19 de outubro.
– Toques (A Coruña): 25 de outubro.
– Salceda de Caselas (Pontevedra), 31 de outubro.
Certificación forestal
– Lugo, 20 de setembro: ‘Certificación forestal da cadea de custodia e prevención de riscos laborais’.
– O Rosal (Pontevedra), 4 de outubro: ‘Certificación forestal no monte’.
Impacto do nematodo do piñeiro no mercado da madeira
– Tui (Pontevedra), 12 de outubro.
– Tomiño (Pontevedra), 26 de outubro.