Sete plataformas veciñais veñen de constituir a primeira rede galega de plataformas en contra de proxectos eólicos e liñas eléctricas abusivas.
As plataformas que se unen nesta rede son: Asociación de Veciños 3 maio de Campolongo (Negreira), Asociación de Veciños Vila do Monte de Outes, colectivo Non eólicos de Ordes, Plataforma non máis eólicos Campelo-Bustelo-Toural, Plataforma veciñal non eólicos de Mazaricos, Plataforma veciñal contra os eólicos de Ponteceso e Salvemos o Iribio.
En declaracións a Radio Xallas (escoitar a entrevista no audio a partir do minuto 59 de emisión), unha das portavoces da rede, Jessica Rey, asegurou que esta iniciativa “xurde da necesidade en forma de reacción a uns proxectos abusivos”.
Os distintos colectivos foron coincidindo a contactando mentres loitaban contra proxectos que “interrompen a vida dos veciños sen aportarlles nada e restándolles espazos con moitas consecuencias negativas”.
O obxectivo é “establecer contacto para unirnos porque temos unha causa igual” e así poder “visibilizar este problema e divulgar o que está pasando coa especulación eólica”.
Jessica Rey pensa que que é moi importante que “a lexislación se actualice porque está obsoleta”.