16.2 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

A pataca recupera o protagonismo nunha festa que se reinventa

Xosé Manuel Lema//

A “ Festa da  Pataca” volveu reunir moita xente, nun evento que potenciou o papel do  tubérculo. Houbo unhas xornadas técnicas previas, e este domingo, máis produtores vendendo, localizados nunha mesma rúa.
O “novo aire” promovido polo equipo do alcalde, Juan Carlos García Pose non foi pasado por alto foi pasado por alto por moitos veciños, que o comentaban. Ata o párroco Manuel Mayo agradeceuno publicamente.

Houbo máis tractores engalanados con esmero, que desfilaron polo pobo, acompañados das autoridades. Nesta ocasión, cambiouse a tendencia e a celebración volveu reunir un amplo número de representantes da Xunta como a conselleira de  Infraestruturas, Ethel Vázquez, o director de  AGACAL, Manuel Rodríguez, o de  Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Silvestre Balseiros, o delegado territorial Ovidio Rodeiro, ou a xefa territorial de medio rural, Mónica López. Ademais asistiu o vicepresidente do Parlamento, Diego Calvo, o deputado autonómico Aurelio Núñez Centeo, e os alcaldes de Laxe, José Luis Pérez e de Santa Comba, David Barbeira.

Despois da misa, o adestrador Juan José Vila ofreceu un emotivo pregón, cheo de recordos .”Son moitas as anécdotas e os recordos que teño da  Festa dá  Pataca”. Momentos que mesturaron a Copa dá Costa gañada co Coristanco ou as súas vivencias no evento nado en 1980. Vila sempre levou o produto por onde estivo. En Valencia, Londres ou Moscova. E fíxose “embaixador da pataca”. Como mostra afirmou que «moitos profesionais que se ven na televisión comeron patacas de Coristanco».

GALERÍA DE FOTOS DA FESTA DA PATACA 2019

Ethel Vázquez entregou a “ Pataca de  Ouro 2019” ao  exalcalde Manuel  Remuiñán Cancela, que animou á corporación local a traballar á marxe das siglas políticas. Houbo entrega dos premios dos concursos gastronómicos e dos tractores. As intervencións foron moderadas por Raquel Andrade e Jorge Mira.

Posteriormente abríronse as casetas de degustación de produtos locais, ofrecidos no interior dunha carpa por tres restaurantes  de Coristanco. Unha boa oferta de distintos pratos como a carne asada con patacas,  cuidadamente servidos. Como de costume, os xogos populares animaron a tarde no parque municipal. Recuperouse a xincana con maquinaria e  houbo un monólogo de Luís  Zahera e a actuación de O Tren da Unha. Ademais,durante toda a xornada,  puidéronse ver exposicións fotográficas, vídeos explicativos ou unha mostra de maquinaria agrícola.

Un das mensaxes repetidas por todos os oradores coincide coa folla de ruta marcada polo rexedor Juan Carlos García Pose. A necesidade da Declaración de Interese Turístico, que ás portas de cumprir corenta edicións a  Festa da  Pataca xa se ten máis que merecida. E máis ,despois dun ano no que se nota  unha importante evolución e compromiso cun produto que os coristanqueses levan no seu ADN.

Premios Concurso de tractores

1- Marcos Porteiro «50 Aniversario home e a lúa»- 1.500 euros

2- Ernesto Dilo-«Coliseo romano».- 1.200 euros

3-Brais Canedo-«Reloj de bolsillo»- 1.000 euros

4- Manuel Varela «Refuxio de Verdes»- 700 euros

5- Jesús Velo Deus- «O Procés»- 600 euros

6- Adrián Pazos- «Catedral de Notre Dame»- 400 euros

7- Alejandro Martínez-«Avioneta»- 250 euros.

Concurso gastronómico

1- Adriana Cambón Freire- «Saquiños de marisco con seu caldo e patacas de Coristanco»

2- Carmela Rodríguez- «Patacas á importancia»

3-Alberto Barrigón Barca- «Bacallau confitado con pataca confitada, verdura e confitura de piquillos».

Productos do campo

1- Marcos Varela Mira

2-José Ramón Bello Fondo

3- José Ramón Bello Fondo

Premio á mellor empanada

Marcos Varela Mira «empanada de mexillóns»

Figuras con patacas

1- Alba e Aldara Velo Castro- «A Rocheira»

2-Eduardo Sámchez-«Patatanic».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos