5.1 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

“Queremos que a xente disfrute dos nosos produtos e dos contidos adicionais que temos na Festa da Pataca”

//X.M. Lema//

O alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, ten a sensación de que “imos na boa dirección” con respecto aos pasos que se están dando en relación á  Festa da Pataca e ao produto que se homenaxea.

Entrevista con García Pose desde o minuto 30 do audio

”Os mercados cambian e estamos nun momento transcendental para a pataca de Coristanco” sinalou o rexedor apelando á necesidade de contar “cunha marca que xere prestixio e confianza nos consumidores”. 

Este sábado presentarase (17h) a marca de garantía “Pataca de Coristanco” e tamén o proxecto para a declaración de interese turístico, para unha celebración que o ano próximo cumpre corenta edicións. “A festa de interese é un aval” ten claro Juan García, consciente de que “a festa tiña que evolucionar no aspecto gastronómico para que atraia xente.Queremos que gocen dos nosos produtos e dos contidos adicionais que temos na  Festa da  Pataca”.

CONSULTA AQUÍ A PROGRAMACIÓN DA FESTA DA PATACA 2019

En declaracións ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas (107.5FM), o mandatario ten claro que “temos un bo produto e temos que coidalo e poñelo en valor”.

Neste sentido van as novidades da presente edición, con máis actividades, xornadas técnicas, showcookings, máis produtores vendendo e hostaleiros locais implicados:”A festa ten que redundar no comercio local, na restauración e nos produtores”.

Desde o concello de  Coristanto convídase a todas as persoas que queiran a participar nos actos que arrincan este venres coas xornadas técnicas e continúan o sábado e o domingo cun amplo abanico de opcións para pasar unha fin de semana entretida neste municipio da comarca de Bergantiños.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos