8.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

“Non sabemos en qué punto estamos, pero os coches da empresa eólica están aparcados na Rabadeira e polo tanto algo están facendo”

O vindeiro domingo 4 de agosto terá lugar a “Andaina pola defensa do rural”. A comitiva partirá ás 10 da mañá da localidade carballesa de Vilela(Entrecruces) e terminará o seu percorrido na Fervenza de Castriz, onde haberá a actuación musical das “regueifeiras pataqueiras” de Coristanco e unha comida campestre.

Colaboran coa plataforma Non os Parques de Santa Comba, Coristanco e Carballo, o concello xalleiro, a asociación Airiños do Xallas de Castriz, a entidade Fontesalgueira de Entrecruces, así como Protección Civil. 

Escoita a entrevista a partir do minuto 28

No pleno do pasado venres, o alcalde David Barbeira expresou o apoio do goberno local ás reivindicacións veciñais en contra da instalación de aeroxeradores preto da Fervenza de Castriz. Colgaranse pancartas reivindicativas en edificios municipais e manteranse xestións coa empresa para tentar negociar un cambio de asentamento. O PP non puxo inconvenientes e informou que está mantendo contactos coa Xunta.

Na sintonía de Radio Xallas, falaron dous veciños de Castriz, en representación dos afectados. Ramón Antelo asegura que máis do oitenta por cento están en contra do proxecto do parque.

Non ocultou a súa preocupación:“Non sabemos en qué punto estamos, pero os coches da empresa eólica están aparcados na Rabadeira e polo tanto algo están facendo”. Agarda que as xestións comprometidas polo rexedor arroxen luz.“Están invadíndonos de parques eólicos e acaban co noso rural” comenta Antelo que incide na repercusións que os viraventos poden ter na saúde e no medio ambiente.

“Cando abra as fiestras, as aspas darán sombra permanente enriba da miña casa e o ruído vai a ser forte”. Esta é a sensación de Carmen Pazos, que alerta tamén da afección á flora autóctona, co claro exemplo da Centaurea ultreiae.“Seguiremos loitando pata que a xente vexa o que nos ven enriba, e algo habemos de conseguir”. Pazos ten claro que aínda hai moito que pelexar, pero está convencida de que o apoio a mobilización como a prevista para o domingo son de grande axuda.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos