8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Brigadas contra o eucalipto nos montes de Galicia

Joam Evans:“O eucalipto é unha barreira para que se cambien os usos do monte”. Escoita a entrevista a partir do minuto 50

 
O colectivo ecoloxista Verdegaia xa ten mobilizado a máis de medio milleiro de voluntarios nas súas brigadas deseucaliptizadoras “que poñen en contacto a propietarios de montes que teñen especies invasoras como eucaliptos ou acacias”.

Segundo explica o coordenador da iniciativa, Joam Evans, os voluntarios realizan “un traballo de recuperación do bosque autóctono” nas zonas acordadas. A valoración é “moi positiva” xa que “cada vez son máis hectáreas de monte recuperado nun ano de recoñecementos onde recibimos o premio Osíxeno de Adega e onde deseucaliptización foi a palabra galega do ano 2018”.

O eucalipto e a biodiversidade

Para Joam Evans esta é “unha maneira de que a xente se queixe menos e teña unha oportunidade para traballar e ser parte da solución”. As brigadas “crean un vínculo entre a xente” de distintos territorios.

O eucalipto é unha especie exótica invasora que contribúe a destruír o solo. É unha especie pirófita. Debaixo dos monocultivos de eucalipto a biodiversidade vese dramaticamente reducida” asegurou Evans nunha entrevista en Radio Xallas.

Tamén incidiu na idea de que responde “a un modelo extractivista” que impide os aproveitamentos multifuncionais:”“O eucalipto é unha barreira para que se cambien os usos do monte”.As persoas interesadas en obter máis información sobre as brigadas deseucaliptizadoras poden visitar a web de Verdegaia www.verdegaia.org

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos