6317 fans     1585 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Esta é a declaración institucional a prol do sector lácteo galego aprobada polo Parlamento de Galicia

Esta é a declaración institucional a prol do sector lácteo galego aprobada polo Parlamento de Galicia

Medio Rural | Publicada: 02/04/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
33
3
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 32 segundos.

A declaración foi aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia. A iniciativa foi da asociación Terra e Leite.

Declaración institucional a prol do sector lácteo galego

O sector lácteo é un sector estratéxico para Galicia e un dos piares do sostemento económico e demográfico de moitas comarcas rurais. Achega o 1,7 % do PIB galego, pero ten un impacto real na economía moi superior polo forte encadeamento con outras ramas de actividade.

O sector sufriu unha profunda reestruturación desde a incorporación á Unión Europea, pasando das 100.000 explotacións en 1985 a menos de 8.000 na actualidade. Neste período os gandeiros galegos fixeron un enorme esforzo: aumentaron o tamaño, melloraron a xestión e o nivel técnico das explotacións e multiplicaron por máis de dous o volume de entregas ás industrias (de 1,24 millóns de toneladas de 1985 pasouse a máis de 2,7 millóns no ano 2018). Hoxe Galicia produce case o 40 % do leite do Estado, e está dentro das dez primeiras rexións produtoras de Europa.

Con todo, o sector presenta problemas nos que cómpre traballar xuntos para garantir o seu futuro, baseado preferentemente en granxas de base familiar, e así manter o equilibrio territorial e ambiental de Galicia.

No eido da produción as explotacións teñen que aumentar a súa base territorial, reducir os custos e evitar a dependencia dos insumos comprados nos mercados internacionais, que van estar suxeitos a unha gran volatilidade, ao igual que os prezos do leite. Para iso é necesario fortalecer instrumentos como o Banco de Terras e abordar unha reforma lexislativa ambiciosa, de amplo consenso, que contribúa á mobilización da terra agraria de Galicia.

Outro dos problemas do sector é o peche de explotacións e a perda de investimento produtivo no rural pola falta de sucesión e de remuda xeracional. Neste senso precísanse medidas orientadas a facilitar a sucesión e incentivar a incorporación á actividade leiteira. 

No eido da industria, esta caracterízase pola súa debilidade estrutural e a súa orientación cara a derivados simples de escaso valor engadido e pola súa incapacidade de transformar en Galicia todo o leite que se produce, premendo á baixa os prezos que reciben os produtores. Por iso cómpre desenvolver accións de política industrial orientadas á implantación en Galicia de proxectos industriais que valoricen o leite e con acceso aos mercados internacionais.

Ademais, e como mecanismo para o fortalecemento conxunto do sector, precísanse medidas para lograr unha distribución equitativa do valor ao longo da cadea. Concretamente, unha modificación do paquete lácteo que elimine as asimetrías existentes nos tres elos da cadea e flexibilizar os requisitos de constitución das Organizacións de Produtores Lácteos.

Por último considérase necesario impulsar o asesoramento, a formación e a investigación como eixes transversais para o futuro do sector lácteo.

Por todo isto, o Parlamento de Galicia, considerando o sector lácteo como un sector estratéxico de vital importancia para o rural de Galicia, comprométese a traballar nas liñas anteriores a prol do seu fortalecemento para que no futuro continúe sendo motor de desenvolvemento económico, xerador de valor engadido, investimento e emprego nos espazos rurais de Galicia. Un sector que ademais mantén superficie agraria útil, actúa como eficaz cortalumes e preserva unha paisaxe agraria coidada, símbolo da identidade territorial de Galicia, que beneficia o conxunto da sociedade galega.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El ayuntamiento de Cee ejecuta una campaña de poda para embellecer la población de cara a la Navidad

El ayuntamiento de Cee ejecuta una campaña de poda para embellecer la población de cara a la Navidad

//Manuel Sambade//   La campaña se desarrollará a lo largo de estos días estos días con el objetivo de me…

Ler máis
El concello de Carnota pide apoyo a la Deputación para erigir una auditorio en el centro sociocultural de O Viso

El concello de Carnota pide apoyo a la Deputación para erigir una auditorio en el centro sociocultural de O Viso

//Manuel Sambade// El alcalde de la localidad, Juan Manuel Saborido, aprovechó la visita del presidente de Diputaci…

Ler máis
Reunión de González Formoso con los socialistas xalleiros

Reunión de González Formoso con los socialistas xalleiros

El presidente de la Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, mantuvo un encuentro con miembros del PSOE xalle…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
GADIS NAVIDAD 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos

José Gilgado

La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los…

José Gilgado
Ler máis

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Álvaro Rodríguez

Nas eleccións xerais do ano  2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo  o 83,81% dos votos emitidos,   (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 1…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar

Óscar de Souto

Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais,  recollen, en data…

Óscar de Souto
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información