6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Moción de Compromiso contra a eucaliptización

Compromiso por Galicia leva presentadas 19 mocións no concello da Baña “máis que todos os concelleiros do PP e do PSOE xuntos”,aseguran.

O voceiro de Compromiso por Galicia no concello da Baña defenderá na vindeira sesión plenaria unha moción a prol da biodiversidade e contra a chamada eucaliptización.

César Ramos propón que “o Concello da Baña se declare a prol da biodiversidade, do mantemento, conservación e recuperación sostible da flora e a fauna autóctona da nosa terra e que se elabore unha ordenanza municipal que inclúa beneficios para os propietarios de plantacións con especies autóctonas”.

Inclusión do eucalipto no catálogo de especies exóticas e invasoras

Ademais piden que se solicite ao Ministerio de Medio Ambiente a inscrición do eucalipto no “Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras” do estado español e a colaboración da Xunta de Galicia para a elaboración dun “plan municipal de prevención de lumes con especies autóctonas”.

Compromiso pide que se fagan cumprir con carácter urxente as distancias mínimas recollida na Lei de Montes de Galicia para afastar debidamente esta especie dos mananciais, regatos e ríos, separar de calquera ben inmoble, dos pastos e das zonas agrarias, afastar as plantacións das estradas convencionais e liñas eléctricas e “romper a continuidade” das masas forestais de eucalipto con distancias mínimas de separación.

19 mocións no concello da Baña

Compromiso por Galicia presentou, con esta, dezanove mocións no concello “máis que todos os concelleiros do PP e do PSOE xuntos”, indican desde a formación galeguista.  

Entre elas mocións para a homenaxe a Avelino Pousa Antelo,contra a violencia de xénero, en defensa la lingua galega, adquisición de desfibriladores, renovación da web municipal, devolución da paga extra ao persoal do concello, gas radon, apoio a Unión Barcalesa, creación dun regulamento orgánico, de apoio as vítimas do Alvia ou para a promoción do Camiño de Santiago cara Muxía. Todas estas aprobadas.Eso sí, César Ramos lamenta que a pesar de que distintas mocións saen adiante, o goberno do PP despois “non fai absolutamente nada”.

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos