14.5 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Forte discusión no pleno do Val do Dubra

Antonio Negreira pide á oposición que o deixen gobernar ou que artellen unha alternativa.

 
O pleno ordinario do concello do Val do Dubra desbordouse na quenda de rogos e preguntas. En repetidas ocasións o alcalde Antonio Negreira(Anova) lamentou a falta duns orzamentos e recriminou a postura da oposición conformada por PP, Terra Galega e Independentes.
 

Convidounos a facer unha moción de censura ou a deixar traballar ao seu equipo de goberno:”Dubido moito que vostedes sexan capaces de facelo mellor que este mal goberno” afirmou o rexedor emprazando ós opositores a preguntar aos vecinos “porque ao mellor vostedes non escoitan”.

 
O portavoz Óscar del Río, visiblemente enfadado, pediu ao alcalde que gobernase e non botara a culpa aos demais:”Hai autónomos que non cobran desde outubro, hai xente que o está pasando mal”.

 
Del Río acabou enzarzado nun intercambio de reproches coa voceira de Anova, Celsa Oreiro que o calificou de “mesquiño” querendo deixar claro que “a xestión política non ten nada que ver coa xestión administrativa”.

“Non te pases, non embarres” dicía Oreiro, mentres o voceiro de Tega pedía “a min non me amenaces” e insistía en que se dirixía ao alcalde e non a Celsa Oreiro que lle solicitaba que “non amenzaces ao alcalde”.En medio desta discusión, Antonio Negreira, resolviá o asunto con respectivas chamadas de orde.”Estou traballando para que tódolos que están traballando para o concello cobren” dixo o alcalde.”E levantando reparos” engadiu Oreiro.

 
“Tendes a responsabilidade nas mans e vir facer feiras non vale a pena” apuntou Negreira Noya,asegurando que a pesares da “absoluta precaridade” coa que está traballando o goberno (“con tres secretarios en dous anos”) está convencido que “isto vai saír adiante se vós deixades, e senón sácadeo vós”.

 
“A culpa sempre é dos outros, cando tes aprobado o 80% das cousas” rebatiu Óscar del Río.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos