11 C
Santa Comba
miércoles, mayo 22, 2024

PP e PSOE rexeitan por terceira vez o pago de facturas e piden un orzamento

Pleno en Muros.Partido Popular e PSOE votan en contra dun recoñecemento extraxudicial de crédito de 166.913 euros. Compromiso e BNG a favor.

 


 

 
A terceira non foi a vencida e as “esperanzas” que tiña a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso esvaecéronse pola vía rápida porque PP e PSOE volveron a rexeitar un recoñecemento extraxudicial de crédito, neste caso un pouco inferior aos anteriores. En total 348 facturas por importe de 166.913 euros.

 

O PP critica a «incapacidade» do goberno de Compromiso 

 
A portavoz do Partido Popular, Inés Monteagudo, convidou ao goberno de Compromiso por Galicia a que fixera “o orzamento e inicien o procedemento de contratación do suministro eléctrico” e afirmou que o executivo continuaba dando mostras da súa “incapacidade” e pretendía trasladar a responsabilidade á corporación local.

 
“Se realmente estivera preocupada polos provedores locais traería nun expediente separado as facturas destes” indicou Monteagudo precisando que o importe dos provedores locais supoñían uns 2.500 euros.

 

Caridad González:»Vostede non sabe priorizar»

 
A socialista Caridad González arremeteu contra a xestion de María Xosé Alfonso que “non sabe priorizar” e referiuse a facturas por publicidade “aos seus amigos de Tele Lalín” ou a Eventos Insuela.

“Nos deixamos u orzamento para pagar as facturas pero non as pagou”engadiu González Cerviño que responsabilizou á alcaldesa da situacióna pesar de que “anda chorando polo Facebook de que non se lle paga aos provedores por culpa da oposición”.O PSOE asegurou o seu voto favorable “cando teñas un presuposto”.

 

 

O Bloque apoia o recoñecemento

 

O BNG apoiou a proposta de Compromiso, pero o seu voceiro Manu García pensa que “non ten moito sentido traer isto sen falar con ninguén”.

 

María Xosé Alfonso, no Facebook

 

O goberno podería derivar responsabilidades nos oito concelleiros de PP e PSOE

 

Pola súa banda, María Xosé Alfonso indicou que os provedores tiñan que cobrar porque os servizos están prestados, se que so habi dúas formas de pagar estas facturas, coa aprobación do pleno ou no xulgado.

Ante este novo rexeitamento, a Alfonso Torres, advertiu que estudiarán “a posibilidade de derivar a responsabilidade en quen vota en contra” deste recoñecemento extraxudicial.

Negou que o anterior goberno deixara as partidas para facer fronte a estes gastos, na súa maioría de consumo eléctrico, e declarou que estaban a traballar no orzamento.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos