PP de Negreira:»Cando o comezo dese xuízo é inminente non dimite senón que apártase un pouquiño”.
A dimisión presentada polo alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño(PSOE), que continuará como concelleiro na corporación local, é un acto “cara a galería” segundo explican desde o Partido Popular local, xa que o alcalde só se “aparta un pouquiño” e continúa vinculado ao goberno municipal.
“Estamos ante unha dimisión cara a galería e cando xa non podía sosterse máis a situación, xa que hai case un ano que se coñecía a súa imputación e a apertura de xuízo oral pendente de data. Cando o comezo dese xuízo é inminente non dimite senón que apártase un pouquiño” sinalan desde o PP.Os populares entenden que Ciudadanos está de acordo con esta “Non dimisión” e que o fan para salvar a cara.
“Algo raro é todo isto” afirman os populares
A formación que lidera o recén elixido presidente Rubén Suárez amosa a súa perplexidade pola situación e indica que “non queremos pensar que se tente chegar a un acordo co Fiscal para que non se chegue a celebrar o xuízo aceptando algunha pena mínima para poder seguir exercendo, e tampouco queremos pensar que Ciudadanos estivese de acordo con isto último”.
Desde o Partido Popular sinalan que xa advertiron a Ciudadanos de Negreira que se podía dar esta situación e do conseguinte “descrédito da institución e do noso pobo”.