6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Compromiso esixe aclaracións sobre o futuro da Reitoral de San Mamede

Preguntan sobre o proxecto anunciado por Rocío Mosquera e poloos incumprimentos reiterados do Partido Popular que quería construír un fogar residencial.

Compromiso por Galicia empraza ao goberno local do concello da Baña a dar explicacións sobre o estado das instalacións de San Mamede de Monte onde se investiron “aproximadamente 490.000 euros” e non se executou o proxecto de apertura dun fogar residencial para persoas maiores. 

“O grupo de goberno non cumpre os prazos anunciados e minte sistematicamente a súa veciñanza sobre este tema dende hai varias lexislaturas” aseguran desde a formación galeguista que lembran as distintas iniciativas presentadas polo seu voceiro, César Ramos, para saber dun proxecto que figuraba no propio programa electoral do Partido Popular.

Un colectivo alleo á veciñanza e un proxecto diferente ao previsto

O malestar non fixo máis que medrar nos últimos días despois do anuncio feito pola exconselleira Rocío Mosquera que afirmou nun acto social en Negreira que na Reitoral de San Mamede asentaríase un centro para nenos discapacitados promovido pola asociación Anxiños.

Desde Compromiso sinalan que se trata “dun colectivo alleo á veciñanza”, nun proxecto cunha finalidade diferente á proxectada nun principio, e que se trasladou á opinión pública antes de que foran informados os veciños e a corporación municipal da Baña.

Por estes motivos piden explicacións o goberno que preside Andrés García Cardeso para que aclare a situación do proxecto e tamén o motivo das afirmacións da exconselleira Rocío Mosquera.O Partido Socialista tamén demanda explicacións e pediulle ao alcalde que convoque un pleno extraordinario urxente.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos