6633 fans     1602 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Por que Estrella Galicia si e os veciños de Elviña non?

Medio Rural | Publicada: 06/02/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 15 minutos e 25 segundos.

// Erik Dobaño//  Cada venres, desde hai máis de douscentos venres, tamén cando hai chaparrada coma este primeiro de febreiro, uns poucos veciños de Elviña sacan pancartas e bandeiras e soben á pasarela de Alfonso Molina na saída da Coruña para berrar que a batalla continúa. Algúns viron como lles tiraron as casas, outros perderon a propiedade das súas. Todo por una operación de especulación urbanística que se chamou parque de ofimática e rematou en porras da policía e grúas de Acciona. O edificio que está xusto do outro lado da pasarela é dunha cooperativa de policías locais, sinala unha das veciñas. Deste lado quedan poucas casas en pé. Os veciños esperan un xesto de rebeldía do Concello. E non dá chegado. 

Foto: Luís, Antonio e Ánxeles

Antonio e Estrella 

A casa tiráronnola no 2014. Ninguén se preocupou se tiñamos outra ou cartos para alugar. Era unha casa de 100 metros cadrados con 1.200 de terreo. Fomos pagar ao catastro e topámonos con que a casa estaba dada de baixa. Xa non cobraron o IBI. No Concello obrigáronnos a entregar as escrituras de propiedade.

Quedáronse coa indemnización, 90.000 euros, para pagar as obras de urbanización do ofimático porque a todos os afectados nos consideran promotores. Ían facer o parque ofimático, e non foi para adiante; logo quedou nunha cousa de especulación duns cantos promotores, e tampouco foi, pola crise. A Estrella, a miña muller, e a min, que hoxe estamos xubilados, metéronnos nunha débeda de 215.000 euros. E por riba tivemos que procurar cartos para ir a un piso. Pagamos 70.000 euros, pero a última factura de 26.000 xa non puidemos pagala.

Non temos cartos. Somos propietarios dunha parcela. A lei di que os propietarios poden pagar con edificabilidade. O lóxico sería dar parte da parcela a cambio de saldar a débeda. Nos tribunais acabamos pagando costas. A xustiza deixounos desamparados. Deixámolo, porque era todo pagar. Levo un ano esperando a ver que pasa. Eu traballei para a Administración e sempre paguei os meus impostos, e mira agora... Que leven todo. So queremos coidar dos netos. Desde hai tres anos o único que pedimos é vivir. Antes, á hora de comer, aparecía sempre alguén cunha citación. 

Francisca morreu

A miña sogra morreu diso, di Antonio. Non a podías meter nun piso. Morreu dun infarto cerebral. Estabamos comendo e sempre aparecía alguén cunha citación, que si o Concello, que si o xulgado… todos os días así. Iso non o aguanta ninguén. Aquí houbo xente que estivo moi mal. Diso non se dan conta os políticos, verdade? Francisca tiña 85 anos.

Levaba cincuenta anos vivindo aí. Antes tiña outra casa aquí. Aquela expropiáronlla e tiráronlla para facer a avenida de Alfonso Molina. Pero o franquismo deulle diñeiro para facer outra casa. A ditadura… E esta democracia, mira… Quero pensar que por sorte morreu antes de ver como lle tiraban esta outra casa.     

Manuel, a casa coas mans 

Antonio conta outro caso, o de Manuel. Xubilado da Leyma. Fixo a casa coas súas propias mans. Fíxoa día a día cando volvía do traballo. Tiráronlla e tamén perdeu os 80.000 euros da indemnización. Ten unha parcela no ofimático. Vive en Vilaboa desde hai tres anos nun piso de aluguer. Paga 400 euros. Pasou de propietario a inquilino. Naquela parte de Elviña, ao outro lado da avenida, quedaban 15 veciños. Antes eran máis, pero foron vendendo. O noso era legal, pero os xuíces permitiron que se tiraran as casas. Isto era legal, non era como edificio Conde de Fenosa. A mesma xuíza que nos botou, dixo aos poucos meses que a obra era ilegal. Por que non empezou por aí?

Pilar, auxiliar de enfermería e avoa 

Teño 63 anos e son auxiliar de enfermería. Está afectada a nosa casa. Esa xunto á avenida. A casa non é nosa. A orde de desaloxo chegou no 2011. Estamos pendentes de que en calquera momento… estamos de ocupas na nosa propia casa. En realidade, as casas non existen para Administración. Como non existe a posibilidade de facer un proxecto de vida nelas. Nin facemos reformas, arranxamos o imprescindible para que non se caía. Vivimos o meu home i eu, pero os netos están moito connosco. Co Concello non falamos desde xullo do ano pasado. Chamáronnos porque ían formar unha comisión técnica con todos as partes afectadas. Foi o último que soubemos. Afortunadamente non temos débeda.

A nosa era unha parcela moi pequeniña e chegou cos cartos da valoración. Cobramos 32.000 euros e logo pagamos para non quedar enganchados. O resto está depositado no banco. Xa prescindimos dos avogados, so queda unha que colabora sen cobrar. É a interlocutora co Concello, que agora di que non se pode cambiar o plan cando na campaña electoral prometeran que o cambiarían. Seguimos aquí, pero baixo ameaza. Cónstame que segue habendo desafiuzamentos. A última resistencia veciñal que se fixo foi a de aquí. Entre o 2011 e o 27 de novembro de 2014 tirarían… pois unhas vinte ou trinta casas. Do lado de alá, todas.

Foto: Loli e Pilar

Álvaro, aquel novembro de marea 

A última foi a de Álvaro, no lado de aquí. Sentín impotencia, ira… perdín a confianza en todo, di Pilar. A mañá que as grúas de Acciona derrubaron a casa de Álvaro, moi cedo, furgonetas da Policía e ducias de antidisturbios tomaron o cruce xunto a pasarela. A Álvaro e á xente que o acompañaba sacáronos á forza. Non queda rastro da casa. Tampouco dos políticos que daquela andaban en campaña e hoxe ocupan cadeiras en María Pita.

Hoxe apenas un segue vindo por aquí, pero xa liscou dos focos. A finca está cuberta de herba. A Álvaro, que ten pouco máis de 50 anos, un parente deixoulle unha casa cerca de aquí para que viva coa súa nai. Perdeu a casa e o taller, e a débeda foise por riba dos 50.000 euros. Anda con severos problemas de saúde, pero volve os venres cando non fai mal tempo. Volve coa nai, que senta baixo a pasarela.    

Loli, polos pais 

Chámome Loli, teño 54 anos, son enfermeira e vivo cos meus pais, de 80 e 84 anos, no número 106-A. Fixéronnos promotores e valoraron as dúas vivendas en 90.000 euros, e cambiáronnos un terreo de 2.000 metros cadrados por unha parcela de 500 na que hai que pagar 300.000 euros para urbanizar. No 2011 pagamos a primeira cota, debemos a segunda e a terceira. Dixéronnos que poderíamos pagar con aproveitamentos, pero desde xullo do ano pasado non soubemos nada máis. Pagar vai haber que pagar. E quedan cotas por vir. A

Marea dixo que unha das súas medidas nos seus primeiros cen días de goberno sería cambiar o plan. Aquí non o cambiaron. Noutros sitios si. Por que Estrella Galicia si e os veciños de Elviña non? En abril do 2016 desdixéronse e empezaron a falar de reordenación. Falabamos con Xiao Varela, o concelleiro, e con Concepción, unha axudante del. Cando o de Álvaro, o que pasou aquí penso que freou o derrubo das demais casas. Pensei que nolas chimpaban antes das municipais. O meu pai non contempla outra posibilidade que quedar na casa. É a casa da súa familia, el é de aquí. Inda non entende o que está pasando. Estou aquí cada venres por eles. Loito por eles porque son maiores e eles non poden facelo.

Tiña esperanzas cando a Marea… non digo que non sexa complicado, pero penso que están deixando correr o tempo. Penso que non farán nada neste mandato. O único que podo dicir é que cando Acciona se presentou no Concello para pedirlles as chaves das casas que quedan en pé, non llas deron. Iso é todo. A xente da Coruña non sei se nos apoia, pero pitar os coches si que pitan cando estamos aquí na pasarela.

Foto: Ramón e Luís, de “Coruña Sen Teito”

Ramón, desde Bilbao 

A miña nai ten 95 anos e viviu aquí toda a súa vida. A casa é dos meus pais. Estamos igual co resto dos veciños: pendentes de que nola tiren. Realmente é do Concello. Fixéronnos a permuta. A nai coñece a situación. Non pode dicir moito. Cada quince días veño eu ou ven meu irmán. Chámome Ramón, vivo en Bilbao, teño 71 anos e estou xubilado, marchei para alá con 18 anos. O meu irmá está en Madrid. Paramos unha semana de cada vez. Nós pagamos xa a débeda, a teórica débeda.  

Foto: Ánxeles, coa bandeira, e Pilar, de perfil

Ánxeles, acusada 

Teño 50 anos, son veciña de Palavea e estou apoiando aos veciños desde o principio. O día 3 tiven un xuízo no que me acusaron de lle bater a un policía despois dunha manifestación que houbera aquí. Despois do de Álvaro a policía seguiu vindo, agora xa case nunca aparecen. Din que impedín a identificación doutra persoa, que lle batín ao policía, que cortei a avenida, de levar pancartas. Quitáronme 540 euros da nómina. O policía nin me recoñeceu durante o xuízo.    

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El alcalde de Muxía anuncia una inversión de 2,5 millones de euros en el ayuntamiento

El alcalde de Muxía, Iago Toba, anunció en una sesión plenaria un plan de actuaciones municipales, que representará …

Ler máis
El alcalde de Coristanco piensa que las ayudas para la reactivación deberían ser consensuadas entre los municipios

El alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, considera que no sería normal que las ayudas para la reactivación …

Ler máis
 Xoves 28 de maio. Galicia baixa dos 800 casos activos por coronavirus

799 casos segundo a última actualización da Xunta de Galicia// A Dirección Xeral de Saúde Pública da Conseller…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Eskariam Leche
Autos Xallas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Tiburón-19

Francisco Martínez Pin

La  acción de Tiburón (Jaws, 1975) transcurre en Amity Island, una encantadora ciudad turística de la costa de Nueva Inglaterra. Una mañana apare…

Francisco Martínez Pin
Ler máis

Memoria Histórica, pero para todos

Francisco Martínez Pin

Los niños de la guerra, esos que recuerdan el famélico año 41, los de la cartilla de racionamiento, del pan de habas, del aceite que no era aceite,…

Francisco Martínez Pin
Ler máis

Covid-19:¿Somos un país o un despaís?

Borja Ramos Arribi

La historia nos demuestra que casi todos los programas de shock son exitosos en el alcance de sus objetivos y casi todos los gradualistas fracasan. …

Borja Ramos Arribi
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
Por que Estrella Galicia si e os veciños de Elviña non? | Medio Rural | Adiante Galicia