17.8 C
Santa Comba
domingo, octubre 6, 2024

Crónica dun pleno no concello da Baña

O pleno da Baña dou luz verde á modificación de varias ordenanzas, a un convenio coa Fegamp e a dúas mocións presentadas por Compromiso por Galicia. 

Apróbase a modificación de varias ordenanzas

A ordenanza fiscal do imposto sobre construcións foi aprobada cos votos do PP e a abstención de PSOE e CxG.Tratábase de “eliminar cousas que estaban de antano e actualizar as taxas” afirmou o alcalde Andrés García.

A referente a actividade administrativa e de goberno, contou coa oposición de Compromiso por Galicia(O PSOE abstívose). O voceiro galeguista César Ramos criticou a taxa “elevadísima” para a celebración de vodas que “vai en contra dos locais de hostalería”.

O alcalde matizou que era para a xente de fora, se ben Ramos explicou que noutros concellos como Santa Comba é gratis para todos. Por último, na ordenanza reguladora de instrumentos de intervención municipal e de apertura de establecementos, PSOE e CxG abstivéronse.

Houbo unanimidade na adhesión ao convenio da Fegamp para evitar os curtes de abastecemento eléctrico. Andrés García Cardeso destacou que o concello xa estaba axudando neste senso.

Dúas mocións de Compromiso aprobadas

Despois chegaron as mocións presentadas por Compromiso por Galicia, que foron apoiadas por unanimidade. César Ramos alertou dos índices de gas radon no municipio “dos máis altos de Galicia” e propuxo unha campaña informativa e medicións nos fogares.

O alcalde Andrés García asegurou que se puxera en contacto coa Universidade de Santiago e que estaba á espera das medidas que se propoñan a través cun consorcio que se creou.

Tamén foi aprobada aínda que con máis debate e algún cambios a moción sobre a instalación de desfribiladores en distintas instalacións do concello.

O concelleiro popular Manuel Tourís cualificou a proposta de “estupidez” xa que “é obrigatorio por lei” nas instalacións deportivas. A proposta de Ramos era máis ampla.

Desde o goberno informaron que estaban pendentes duns desfibriladores que chegarían a través da Federación Galega de Fútbol e que tamén estaba previsto que se dotara dun aparello á Farmacia da capital municipal. 

Finalmente acordaron agardar por estes desfibriladores e como dixo García Cardeso “ir avanzando”.O concelleiro de deportes, Manuel Tourís, amosouse partidario de impartir ensinanzas de primeiros auxilios entre a mocidade.

Avelino Pousa dará nome ao colexio

Na quenda de rogos e preguntas, César Ramos, emprazou ao goberno local a regularizar a situación das excursións xa que “é ilegal” estar cobrando en man por estes servizos. O concelleiro Tourís(PP) coincidiu co representante de Compromiso, e o alcalde apuntou que “todo ten un punto final”.

A concelleira de Educación e Cultura, Alicia Blanco Sande, anunciou o inicio do procedemento para que o colexio San Vicente leve o nome de Avelino Pousa Antelo, despois de que a proposta xa fora aprobada polo Consello Escolar. Deste xeito respostaba á pregunta formulada por César Ramos.

Desde Compromiso por Galicia volveron a criticar o horario dos plenos, pedir a retirada da simboloxía franquista, e a denunciar a mala imaxe da fonte da praza. Tamén pediron que se implante o servizo de Noitebús.

O PSOE propón un Plan de Emprego

O portavoz do PSOE, José Antonio Pereira Gil, trasladou varias demandas dos veciños de Corneira e doutros puntos do concello. Demandou un “plan de choque” para evitar a perda de poboación, mediante a oferta de vivendas baleiras a baixo prezo, subvencións no Punto de Atención Infantil e outras medidas para atraer novos veciños a un municipio “con calidade de vida”.

Pereira tamén propuxo que o 50% do Plan POS + se destine a un “Plan de Emprego” que permitiría aumentar a brigada de obras e reforzar os servizos sociais. Para o resto do programa presentou unha relación de posibles actuacións por parroquias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos