14.4 C
Santa Comba
sábado, mayo 25, 2024

Os socialistas da Baña reuníronse con González Formoso

Xuntanza na Deputación con Valentín González.O PSOE organiza unha sesión informativa sobre o Plan de Emprego Local. Este xoves hai sesión plenaria na Baña.

Os catro concelleiros do grupo municipal socialista no concello da Baña, que encabeza José Antonio Pereira Gil, foron recibidos polo presidente da Deputación provincial coruñesa, Valentín González Formoso.

Xunto co presidente da institución provincial e cos deputados José Luís García García e Antonio Leira, participaron nunha xuntanza na que foron informados“dos diferentes plans provinciais que afectan directamente ao concello bañés así como das inversións en infraestruturas previstas para o presente e vindeiros anos”.

Charla sobre o Plan de Emprego Local

Desde a agrupación socialista informan que o vindeiro venres 10 de febreiro haberá unha charla veciñal na Casa da Cultura de San Vicente, a partir das 9 da noite. Na mesma o deputado de Promoción Económica e Emprego, José Luís García García falará sobre o Plan de Emprego Local.Tamén intervirá o portavoz socialista local, José Antonio Pereira.

Tamén preparan outra charla, aínda sen concretar a data, que contará coa presencia do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e do deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira.

Nesta ocasión informarase aos asistentes das diferentes liñas de subvencións dirixidas a colectivos veciñais, asociacións xuvenís, deportivas que xestiona a entidade provincial.

Pleno este xoves as 14:00h

Por outra parte, este xoves celébrase unha sesión plenaria ordinaria a partir das 14:00h. Debaterase sobre varias ordenanzas municipais e haberá a habitual quenda de rogos e preguntas.

O voceiro de Compromiso por Galicia, César Ramos, defenderá dúas mocións sobre o gas radón e sobre a instalación de desfibriladores.

Nas sesións plenarias deste concello soe haber bastante debate, a pesares de non haber afluencia veciñal. O horario das sesións provocou reiteradas críticas de Compromiso por Galicia.Neste concello goberna con maioría absoluta o Partido Popular liderado por Andrés García Cardeso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos