12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

A Deputación coruñesa lanza o Plan POS + 2017

Reunifica o POS, o PAS e ao PAI e promove un novo plan dotado con 74 millóns de euros.

A Deputación provincial da Coruña opta por reunificar o Plan de Obras e Servicios, o Plan de Acción Social e o Plan de Aforro e Investimento nun único plan de concellos, o Plan POS+ 2017, dotado con 74 millons de euros “o maior orzamento contemplado nun plan provincial na historia da Deputación” segundo explican desde a entidade provincial.

Os obxectivos deste plan son favorecer o mantemento do emprego local, reforzar a autonomía municipal e simplificar a tramitación. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso asegurou trátase de “dar un paso máis co deseño dun novo plan de todos e para todos, que centralice a maior parte das achegas provinciais nunha soa convocatoria”.

Deste xeito agruparanse o POS,PAS, PAI e ata once liñas de subvencións diferentes nunha soa convocatoria anual, para permitir unha mellorplanificación aos concellos co correspondente aforro de tempo e de recursos humanos. 

Segundo o goberno provincial, Os fondos distribuiranse de forma obxectiva entre todos os concellos coruñeses utilizando os criterios do POS, que se basean en cuestións como a poboación, a superficie ou o esforzo fiscal de cada municipio e que durante mais de 25 anos gozaron do consenso de todas as forzas políticas representadas na Deputación.Outro dos obxectivos é o saneamento dos concellos, e poderase dedicar ata o 75% do plan a pagar débeda a proveedores.

“Isto non só servirá para sanear as contas dos concellos,senón que repercutirá positivamente no tecido empresarial, conformado en boa parte por pequenas e medianas empresas, incrementando así a actividade económica da provincia e axudando a consolidar o emprego a nivel local, obxectivo prioritario e transversal de todas as políticas deste Goberno” manfestou González Formoso.

Acompañaron ao presidente provincial na presentación a Vicepresidenta, Goretti Sanmartín, e os deputados Xosé Regueira, responsable da área de Plans e Asistencia aos concellos e Antonio Leira, da área de Economía e Facenda.

Para Goretti Sanmartín o POS + 20117 supón“un cambio de modelo total respecto do actual para darlle absoluta autonomía aos concellos, simplificar a tramitación administrativa e ofrecer con tempo unha previsión anual para a elaboración dos orzamentos municipais”.A vicepresidenta destacou que “históricamente os concellos tiñan que vir á Deputación para solicitar as súas demandas, agora poden ter unha previsión inicial e os recursos están ao seu dispor desde o primeiro momento, con criterios obxectivos, os do POS, que levan vixentes varias décadas con consenso político”. 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos