16.4 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

Ángel Alvariño pide apoio para abrir a escola infantil

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño mantivo un encontro de traballo co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Segundo a Xunta, Rey Varela lembrou o incremento de 3.504 horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 37.848 horas anuais e unha ratio de atención do 89,82%. O responsable da área social do Goberno galego apuntou que co recente incremento de horas neste servizo acadarase o 100% da atención.

Outro dos temas tratados foi o proxecto de rehabilitación dun inmoble municipal para escola infantil de 3 unidades e 41 prazas. Desde o gabinete de prensa de Política Social informan que a Xunta de Galicia asinou a finais de 2014 un convenio co Concello de Neda para a creación da escola infantil cun importe de 181.989,66 euros. Segundo as mesmas fontes “Rey Varela tendeu a man ao rexedor coruñés para continuar apostando por esta liña de colaboración que posibilite no futuro a apertura desta infraestrutura destinada á infancia”.

Alvariño quere que se poña en marcha a escola e se presten os servizos de podoloxía e fisioterapia

Pola súa banda, en declaracións a Adiante Galicia, o alcalde de Neda, Ángel Alvariño agarda que “as boas palabras do conselleiro se convertan en feitos porque todos somos conscientes da necesidade de que se poña en marcha esta escola infantil”. Alvariño Saavedra lembrou que houbo un investimento de 127.000 euros en execución de obra, pero que o proxecto carecía de estudo económico, plan de viabilidade e presentaba outras deficiencias que o actual goberno está tratando de arranxar e polo que agarda a cooperación da Xunta. Alvariño Saavedra tamén se preocupou polos servizos de podoloxía e fisioterapia e a necesidade dunha modificación da normativa, algo no que coincide o conselleiro Rey Varela.

Axudas para actividades deportivas e culturais

O concello de Neda mantén aberto, ata o vindeiro 14 de agosto, o prazo da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para actividades deportivas e culturais. Nesta ocasión o goberno aumentou o importe das axudas, que pasan de 12.000 a 18.000 euros. Destínanse 13.000 euros a actividades culturais e 5.000 euros a actividades deportivas.

O alcalde destacou “a importancia do noso movemento asociativo que queremos apoiar, e por este motivo y grazas á boa xestión económica, promovemos un aumento considerable das axudas que redundará en beneficio dos veciños”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos