O alcalde da Coruña asegura que foi a Vigo en coche oficial porque se trataba dun partido de alto risco e afirma que foron “máis ben elas (as meigas) as que se meteron con nós. Tamén entende que os militantes socialistas queren máis entendemento coas mareas e outras forzas alternativas ó Partido Popular.
“Non me vexo chegando aos sitios nun Audi A-6”
“Nunca dixen que non ía utilizar coches oficiais, dixen que non os utilizaría día a día” explicou o alcalde coruñes na Radio Galega en relación coa polémica da súa viaxe a Vigo “nun partido que estaba calificado de alto risco”aínda que finalmente asegurou que non faría falta ese desprazamento no coche.O que si ten claro Ferreiro é que non se vé «chegando aos sitios nun Audi A-6» nin usando un coche oficial para ir á barbería.
Non houbo posibilidade de entendemento coas Meigas
Sobre a polémica coa asociación de Meigas, o alcalde volveu insistir que eles non buscaron un enfrontamento con esa asociación “e máis ben son elas as que se meteron connosco” cando desde o goberno local ”tentamos tomar as rendas da celebración e encargarnos directamente” duns actos nos que as “Meigas” tamén tivesen o seu sitio pero “non houbo posibilidade de entendemento”.
Xulio Ferreiro lamentou que desde ese colectivo tachásese de “perro flautas” ás persoas que virán celebrar o San Xoán porque “ese non é o camiño” e lembrou que se trata “dunha celebración de toda a cidade”.
“Cambiamos a relación entre o concello e a cidade”
Sobre a xestión neste ano de goberno da Marea Atlántica destacou que “cambiamos a relación entre o concello e a cidade” con políticas participativas, escano cidadán ou o “Dillo ti” e anunciou que no orzamento do 2017 incluiríase unha partida dun millón de euros en inversions elixida directamente polos veciños. Tamén destacou o aumento das “bolsas comedor”, a eliminación de puntos de vertedura ou a implantación dá “renda social municipal”.
Ferreiro pensa que Leiceaga está polo entendemento
Ademais referiuse ás primarias do Partido Socialista e expresou a súa satisfacción porque lle parece que Xoaquín Fernández Leiceaga entende que hai que “chegar a acordos e un clima de entendemento” e ten claro que “a militancia lanzou unha mensaxe, quere máis entendemento e ten claro quen é o rival a bater”.
Sobre os posibles fallos deste primeiro ano de goberno dixo que “o erro principal foi non calibrar as dificultades de interlocución cos demais grupos” como o PSOE, aínda que reivindicou que hai que asumir “que o alcalde é o alcalde e o goberno é o goberno e hai competencias que poden exercer sen ter que pedir permiso”.
Para Ferreiro é “moi complicado” que o PSOE poida entrar no goberno xa que non hai “unhas bases de confianza” e os socialistas tentaron entrar «derrubando a porta” e puxo como exemplo os orzamentos aprobados:”Podíamos ter chegado a un acordo e preferiron meter os seus proxectos pola porta de atrás coa axuda do PP”.