10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Imos ós concellos de A Laracha e Mazaricos

Os alcaldes de A Laracha, José Manuel López Varela, e Mazaricos, Juan Blanco estrean unha nova sección de entrevistas con alcaldes de Galicia. 

Entrevistas concello a concello

Unha das  grandes demandas dos nosos lectores/oíntes é a política local. Despois de iniciar o ciclo de entrevistas “Conversas na Encrucillada” houbo quen nos suxeriu dar voz a alcaldes e representantes de distintos municipios.

E na redacción de Adiante Galicia xurdiu a idea de  comezar un xeira de visitas ós concellos, nos que haxa disposición a atendernos e que na medida do posible nos poidamos achegar. Desde mañá xoves 3 de marzo, poñeremos a andar “Hoxe en” unha conversa con alcaldes galegos.

“Hoxe en A Laracha”  e “Hoxe en Mazaricos”

Este xoves a unidade móbil de Adiante Galicia visitará dous concellos para falar cos seus rexedores.O primeiro convidado será o mandatario de A Laracha, na comarca de Bergantiños. José Manuel López Varela, do Partido Popular, leva sendo alcalde desde 1999 con cinco contundentes maiorías absolutas consecutivas.

Dun político veterano do centrodereita a un alcalde debutante da esquerda nacionalista. O segundo protagonista é Juan José Blanco Riveiro, alcalde de Mazaricos, na comarca do Xallas, e que acadou unha ampla maioría absoluta nas pasadas eleccións rachando coa hexemonía do Partido Popular no municipio.As entrevistas tamén serán emitidas pola emisora Fórmula Fun Galicia. Mañá anunciaremos a data de difusión das entrevistas.

¿Queres que visitemos o teu concello?

Se queres que Adiante Galicia estea no teu concello, que  promocione a túa actividade ou colaborar no noso proxecto podes contactar connosco dos seguintes xeitos.

Teléfono- 881817525 – 627217963 

Canle WhatsApp- 618417894

correo electrónico contacto@adiantegalicia.es

Se queres enterarte das nosas novidades pincha aquí. Tamén ofrecemos a posibilidade de que te subscribas ao noso servizo  informativo gratuíto de alertas de WhatsApp.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos