10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Santiago Freire Abeijón é o novo alcalde de Noia

Sae adiante a Moción de censura. O líder do Partido Popular foi elixido co apoio dos concelleiros de NO.I.A, que antes apoiaron ao PSOE.

Santiago Freire Abeijón logrou o obxectivo de ser o alcalde de Noia, despois de que o 25 de maio de 2015 quedará as portas da maioría absoluta. Os mesmos concelleiros que votaron a favor da investidura do socialista Miguel Paz (daquela xunto cos votos da Marea Cidadá e do BNG), serviron hoxe para converter a Freire en alcalde.

Foi logo do debate da moción de censura que se desenvolveu no pavillón cunhas catrocentas persoas presentes. Santiago Freire dixo que asumía “unha enorme responsabilidade coa seguridade de que imos facer un bo traballo e unha xestión produtiva”.O discurso do socialista Miguel Paz foi emotivo “cun aluvión de sentimentos que se me amontoan” e nel quixo agradecer “a oportunidade de ser alcalde de do meu pobo”.

Tamén interviron na sesión extraordinaria o voceiro popular Julio Bustelo que criticou a parálise e a falta de xestión do goberno noiés, algo no que non coincidiu o socialista José Manuel Lage Tuñas que considera que o goberno saínte era “lexítimo”. O voceiro da Marea, Manolo Seijas rexeitou a elección de Santiago Freire porque “non é decente” e a voceira do BNG, arremeteu contra os independentes.

Onte a xunta de goberno local acordou remitir a Fiscalía un expediente sobre unha viaxe  a Benidorm organizada pola concelleira independente noiesa, Marisol Villar. A denuncia xurdiu pola Marea Cidadá de Noia pero o xa exalcalde, Miguel Paz corroborou que Villar actuou a marxe da contabilidade municipal.

 

fotos interiores-twitter @David10Nieto – Ramón Santos

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos