6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O PSOE denuncia unha campaña de difamación en Negreira

O Partido Socialista de Negreira denuncia “unha campaña de difamación” promovida polo Partido Popular que supostamente ten como obxectivo “crear dúbidas sobre a honestidade e transparencia” do candidato Jorge Tuñas, a través “dun medio de comunicación” para dificultar a súa elección como alcalde o vindeiro 13 de xuño.

Lembremos que o PSOE obtivo seis concelleiros, por cinco do Partido Popular e dous de Ciudadanos, que se converteu no árbitro desta situación. Os socialistas defenden que Jorge Tuñas Caamaño debería ser alcalde ao ser “o candidato máis votado polos veciños de Negreira”.Asimesmo definen ó seu candidato como un home “honesto, democrático, prudente e traballador”. Desde Ciudadanos manteñen a súa intención de permitir que goberne a lista máis votada pero «libre de imputados» e nos vindeiros días entregarán tanto a PP como ó PSOE o seu documento de rexeneración democrática. Mentras se agarda que se clarifique a situación de Tuñas, a decisión do partido de Albert Rivera podería demorarse ata o mesmo sábado 13 de xuño.

Críticas contra o Partido Popular

Desde o PSOE nicrariense acusan ao Partido Popular de “ser o responsable da desfeita urbanística e ambiental do municipio, da modificación do plan urbano e  recalificación de determinadas zonas da vila para beneficiar aos integrantes do goberno popular e ao negocio da especulación do chan”.

Tamén responsabilizan ao PP do “caos” no concello “con  deixación de funcións por parte dos traballadores e desleixo total da cousa pública polo goberno municipal”. Achacan so PP de Juan Rey “a cultura antidemocrática e de nepostismo da institución municipal” así como o derrúbe da depuradora ou a condonación de 60.000 euros “da licenza de obras á empresa contratada polo SERGAS, instalada no polígono industrial, a cambio de postos de traballo para o grupo de goberno e os seus familiares. Así como infinidade de irregularidades na súa xestión”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos