10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Compromiso por Galicia- Concellos transparentes

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, vén de anunciar que a organización galeguista presentarase aos vindeiros comicios municipais baixo a denominación “Compromiso por Galicia-Concellos Transparentes”.

De igual xeito, o propio Bascuas indicou que, ademais da xenérica, “as diversas candidaturas poderán escoller unha denominación específica acompañándoa, se así o quixeran, para achegarse a cada realidade e para amosar que o noso compromiso tamén está nos concellos”. De igual xeito, o líder galeguista indicou que varias agrupacións cidadás, movementos veciñais e grupos de traballo  que xa existían con anterioridade incorporaranse á candidatura  de Compromiso por Galicia- Concellos Transparentes ao coincidir coa visión do que ten que ser o traballo político, “mantendo as súas dinámicas de traballo propias e aportando o seu grao de area para seguir a construír, tamén dende os concellos, un proxecto de Pais como é o de Compromiso”. 

Programa 

 En palabras de Bascuas, “estas eleccións municipais serán un pasiño máis na consolidación do noso proxecto político, xa que imos presentar un bo número de candidaturas en todas as comarcas do País”. Igualmente, Xoán Bascuas quixo poñer en valor, “o esforzo organizativo que significa desenvolver primarias abertas para escoller a todos os candidatos á Alcaldía da nosa formación, dando mostras de que non só predicamos coa democracia, senón que tamén a aplicamos dentro e fóra”.  No que se refire ás medidas incluídas no Programa Marco, estas aparecerán agrupadas en catro grandes grupos: transparencia e rexeneración democrática, xestión eficiente dos recursos públicos nos concellos, mellora do benestar e da igualdade e desenvolvemento económico local e sustentabilidade. 

 O número total de candidaturas presentadas, así como a súa relación, comunicarase nunha rolda de prensa a semana que vén.

Fonte- Nota de prensa de Compromiso por Galicia

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos