12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

As Mareas perfilan obxectivos comúns

Representantes de distintas Mareas Cidadás acordaron buscar fórmulas de cooperación para afondar no “cambio global” e avanzar “na creba democrática” coa vista posta nas Deputacións provinciais.

Pontevedra acolleu a pasada fin de semana unha xuntanza de Mareas Cidadás e Iniciativas Municipalistas que tiña coma obxectivo “facilitar espazos de cooperación efectivos”, porque explican que son iniciativas municipalistas pero cunha visión nacional. Comparten o seu rexeitamento as Deputacións pero queren xuntar sinerxias e participar nestes organismos pola súa importancia para os concellos.

“Somos candidaturas democráticas e contrarias a manter estruturas como as deputacións, pero somos conscientes da importancia que estas teñen na vida diario dos nosos concellos.A confluencia desde a base, xerada para dar respostas ás dinámicas propias de cada localidade, pídenos agora un segundo paso cara á conformación dunha rede que outorgue a máxima visibilidade á aposta por ese proceso de ruptura no conxunto do país, para posteriormente cooperar desde as institucións e nos gobernos municipais para mudar a realidade” explican nun manifesto aprobado nesta xuntanza.

Están convencidos de que “as vindeiras eleccións municipais constitúen unha oportunidade única para avanzar cara á creba democrática, na estela do ciclo aberto polo movemento democratizador do 15M hai catro anos”. Polo tanto propoñen buscar fórmulas de colaboración para as vindeiras eleccións entre tódalas  “do espazo de ruptura”.

A esta convocatoria estaban chamadas, ainda que non todas estiveron presentes as mareas das ciudades: Marea Atlántica, Compostela Aberta, Lugo Novo, Marea de Vigo, Marea Artabra, Ourense en Común e a Marea Pontevedra, así como formacións doutros concellos:Ames Novo, Ribadeo en Común, Boiro Novo, Ribeiro en Común, Betanzos Novo, Marea Marín,etc..

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos