10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Inés Monteagudo:»En Muros fai falta un revulsivo»

A candidata do Partido Popular a alcaldía de Muros critica a “política de maquillaxe” do goberno local e o abandono das parroquias do concello.Inés Monteagudo(Na foto, a primeira pola dereita)

“O PP de Muros é un grupo moi implicado”

Inés Monteagudo lidera o novo proxecto do PP en Muros, un partido que nos últimos anos, como ela recoñece, “non foi capaz de encontrar o seu lugar e visibilizar o seu traballo” pero que conta cun grupo municipal que ven traballando e un equipo humano “que ten a vantaxe de ser un grupo moi implicado, que apoia ao seu partido e ten interese en que o concello saia adiante”. Agora está satisfeita pola unión que existe no PP.

Monteagudo, que aspira a gobernar “con maioría suficiente”, pensa que se necesitan tomar medidas urxentes nun concello onde detecta “unha carencia de atención gravísima, onde non se atende ós veciños e é necesario un cambio de actitudes porque a administración está para servir ó cidadán”.

Os arrebatos de Caridad González e a política de maquillaxe

Lamenta que en Muros se goberne en base “ós arrebatos da alcaldesa”, Caridad González (PSOE) pero na realidade “Muros nunca estivo tan deteriorado e con tanta falta de previsión”.

Tamén se referiu a foto de Caridad González en Fitur para poñer un exemplo da súa inoperancia:”A guía que ensinou a alcaldesa en Fitur era do ano 2005”. Inés Monteagudo define como “política de maquillaxe” a acción do goberno socialista.

 
“Aquí non se fixo nada.hai que poñerlle remedio a isto” sentenza a candidata popular, que afronta con ilusión e optimismo a carreira electoral

 

Escoita a entrevista de Inés Monteagudo en Fórmula Fun- Desde o minuto 30 do audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos