10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Compromiso leva ao alcalde de Noia diante da Fiscalía

As supostas irregularidades nas obras do peche dun polideportivo foron postas en coñecemento da Fiscalía, para que determine se “hai un delito de prevaricación” por parte do alcalde socialista de Noia.

Compromiso por Galicia denuncia que os traballos do peche do polideportivo do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso comezaron a executarse “cando nin tan sequera tivo lugar a mesa de contratación onde dera comezo o concurso por procedemento negociado sen publicidade, tal e como recolle o expediente administrativo a data de 27 de novembro, nin chamadas ás empresas a presentar a oferta, nin claro está, adxudicada a obra” explicou nunha comparecencia pública o secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas.

Xoán Bascuas: “Semella que o chanchullo está bastante claro” 

Xoán Bascuas emprazou ao alcalde de Noia, Rafael García Guerrero(PSOE) e ao seu goberno a que “aporten a documentación que desminta os feitos” aínda que “semella que o chanchullo está bastante claro”. 

Neste senso o líder de Compromiso por Galicia aportou a Fiscalía varias probas escritas e gráficas onde se constata que as obras xa estaban iniciadas a principios de novembro. A actuación conta cun investimento duns 80.000 euros.Para Bascuas Jardón se confirman as súas sospeitas «cumpriría que a xustiza actuara e ditaminara responsabilidades, xa que contra a corrupción temos que ter tolerancia cero e intentar establecer o máximo de mecanismos posibles para prevela». 

Compromiso pide medidas de transparencia

O político galeguista lembrou unha das conclusións do seu I Congreso Nacional a respecto das medidas de transparencia, «como a práctica eliminación dos negociados sen publicidade e a aposta polos procedementos concursados», ademáis de que as mesas de contratación, «sexa abertas ao público ou mesmo retransmitidas» como unha clara aposta «pola transparencia total que tanto demanda a cidadanía». Para finalizar, dende Compromiso insistiuse que, ademáis dos procedementos xudiciais, «teñen que existir responsabilidades políticas, comezando polo propio Alcalde»

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos