Areabesta Festival: conexión e identidade nunha treboada musical

A choiva non impediu que unha treboada rockeira invadise Pozo Negro. Almas eléctricas conectadas. Bandas entregadas que se retroalimentaban do público. Un festival gratuito cun cartel con moito valor. Iniciaron o carrusel musical e encenderon a luz con efectividade os lucenses Kalte Sonne, recolleron o facho Welcome e continuaron Tálesien (con aires renovados e moito que dicir). E subiron o palco Music in Low Frequencies, The Fall of Atlantis, Nukore e Godiva. Sen decaer eses raios decibélicos que penetraron na madrugada.

Tálesien

Valoración do Areabesta Festival 2026

Desde Lobos de Metal contactamos coa organización, a asociación Areabesta, para escoitar as súas sensacións. .

P- Que valoración facedes desta edición?

R- A valoración desta edición é moi positiva. A acollida foi moi boa, o nivel das bandas foi excelente e todas o deixaron absolutamente todo no escenario, demostrando unha enorme profesionalidade. Pero tamén hai que destacar ao público, porque eles tamén o deixaron todo e foron unha parte fundamental do ambiente tan especial que se viviu.

Cada ano isto vai a máis, e nótase todo o cariño que a xente lle ten ao Areabesta. Este festival irrompeu na escena dunha maneira moi besta, cunha forza e unha personalidade difíciles de ignorar. Polo entorno, pola súa esencia, polo seu enfoque e por esa sensación de que todo está feito desde dentro, pola escena e para a escena. Hai algo que o fai diferente: non parece un festival creado d…esde fóra. Séntese auténtico. Séntese noso.

Cando as cousas se fan con paixón, coñecemento e respecto por unha escena, o resultado acaba falando por si só. E pensamos que o Areabesta Festival é un claro exemplo diso.

P-Que destacaríades do evento e queredes facer algún agradecemento?

R- Sen dúbida, destacariamos o ambiente que se viviu. Esa é unha das grandes maxias do Areabesta Festival: a conexión entre as bandas, o público e a organización, todos compartindo unha mesma paixón pola música nun ambiente moi especial.

Tamén é fundamental o entorno no que se celebra. Poder desfrutar dun festival de metal en plena natureza, ao lado dunha praia fluvial e nun concello rural, dálle ao Areabesta unha identidade única. É unha experiencia que vai moito máis alá dos concertos.

E, por suposto, tamén queremos destacar que o Areabesta é un festival gratuíto. Conseguir ofrecer unha proposta destas características, con bandas de gran nivel e nun entorno tan especial, mantendo o acceso libre para o público, é algo do que estamos moi orgullosos.

Queremos agradecer especialmente ás institucións que apostaron polo Areabesta Festival e que contribúen a facer posible este proxecto: o Concello de Cerdedo Cotobade, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Tamén aos patrocinadores privados que se sumaron ao proxecto, especialmente a Tico Música e a Spira Guitars, por cedernos unha guitarra para sortear entre a nosa comunidade.


O noso agradecemento tamén para todos os festivais que nos apoiaron e cos que fomos tecendo alianzas. Pensamos que é moi importante que os festivais e os diferentes proxectos da escena se apoien mutuamente e camiñen na mesma dirección.


E, por último, pero seguramente o máis importante, grazas a todas as persoas que veñen cada ano ao Areabesta, que se desprazan ata aquí para vivir esta experiencia e compartir connosco un día de música en plena natureza. Porque sen ese público, sen ese cariño e sen esa resposta, todo isto non tería sentido.Grazas, simplemente GRAZAS!

FOTOS-DAVID FIGUEROA

Kalte Sonne

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos