A banda Tálesien presentou unha produción audiovisual do seu tema “Volver”, o primeiro tema gravado en galego polo grupo ao longo da súa historia. Trátase dun tema adicado a todos os emigrantes.
O vídeo está protagonizado pola larachesa Rosalía Cotelo e dirixido por Ana Scast. Rodouse no Centro Sociocomunitario de Caión. A idea creativa e o deseño gráfico é obra de Luis Mosquera. Esta nova canción foi gravada nos Pouland Studios de Iago Pico.

Mentres tanto, Tálesien segue traballando en novos temas e preparando as próximas actuacións en directo. Na actualidade, a banda está formada por Javi García (vocalista), Juan Carlos Cotelo e Manu Brandariz (guitarras), Isma Vidal (teclados), Iván Couto (batería) e Jorge Sobrino (baixo).

