Cerceda (Avenida Mesón n23) acollerá o vindeiro 14 de xuño o festival O Son do Campiño, un evento que reunirá diferentes bandas e artistas ao longo do día.
O festival está organizado por Komando Cultural Rabudo (KKR) e conta coa colaboración do Concello de Cerceda.
Durante a xornada actuarán Peter Selek e as historias do doutor Própole, GendeBeat, O Reverendo Can, Dr. Garimba e Mr. Kamándula, que ofrecerán os seus espectáculos nas primeiras horas. Máis tarde, será a quenda de Os Caudillos, 12 Labirinto, Broa, e para pechar a noite estarán Ruxe Ruxe e Zënzar.
O festival busca ofrecer unha xornada de música en directo, con estilos diversos e bandas recoñecidas no panorama galego, promovendo un espazo de encontro social e cultural na localidade.
«O sábado 14 de xuño temos (tedes) un plan alternativo en Cerceda! O Son do Campiño nace como proposta para facer un ensaio dos grupos do concello e grupos amigos pero aberto a todo o mundo» indican desde a banda Zënzar.
O Festival comezará ás 14,00 e haberá un xantar popular. A entrada aos concertos é gratis.
FOTO PORTADA- Jackie López