8.1 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

A Banda do Elías homenaxea a Los Suaves

Para un fan de Los Suaves desde hai moitos anos, sempre é de agradecer calquera homenaxe feita con respecto á mítica banda ourensana liderada por Yosi.

E se neste proxecto está o incombustible José Manuel Piedra pois a cousa pinta moi ben. A semente deste proxecto persoal do músico da Casalonga (batería de Astarot ou Deseqilibrio Mental) está nunha colaboración no disco homenaxe a Ruxe Ruxe.

Agora veñen de gravar, nos Pouland Studios, o tema “O Afiador” de Los Suaves. E prometen máis temas de Los Suaves e lanzar composicións propias.

Na gravación desta canción participaron:

Arturo Igrexas – Batería

Nano Vikendi – Guitarra Solista e Rítmica

Antón «Torroncho» Fernandez – Baixo

Martín Zapata – Guitarra Rítmica

José Manuel Piedra – Voz.

Estaremos atentos A Banda do Elías e a todas as sorpresas que nos teñen preparadas. Árdelle o eixo!!!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos