16.7 C
Santa Comba
sábado, noviembre 30, 2024

Mr. Kamándula homenaxea ós emigrantes co seu tema “Diáspora”

Temazo de Mr. Kamándula !!. Unha canción que nos encarrila desde o principio como as vías dos trens melancólicos dos emigrantes.

Unha historia da “Diáspora” que foi gravada en Cimática Studio e convertida en video-clip grazas ao traballo de Pixelin Photo, con imaxes nos arredores da capela de San Mauro en Ames e de galegos da emigración.

Mr. Kamándula ofrécennos unha dose rockeira cunha temática directamente relacionada coa nosa historia como pobo.

Alberto Dubra, David Moss, Alberto Salas e Luis do Muíño forman esta banda de hard-rock que con anterioridade lanzaron os temas (con video-clip) “O Apalpador” e “Nove meses”.

Este é o vídeo

Esta é a letra da canción «Diáspora»

Naceu nunha pequena aldea á volta dun adro

A vida tivo que buscala pois non había cartos

A súa infancia quedou nun agro empurrando un arado

Os seus pais esforzáronse tanto para dar catro bocados

Galego na diáspora so pensabas en mellorar

Galego na diáspora sen saber o que ías atopar

Galego na diáspora moi moi lonxe da terra

Galego na diáspora traballaches sen tregua

Dezaoito, marchaches da casa houbo que emigrar

Catro pesos e un billete de tren ata pronto meu rei!

O destino tampouco importa non había data de volta

Centos de bagoas e un adeus unha maleta na porta

Galego na diáspora so pensabas en mellorar

Galego na diáspora sen saber o que ías atopar

Galego na diáspora moi moi lonxe da terra

Galego na diáspora traballaches sen tregua

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos