12 Labirinto seguen “Bourando”

Manuel Silveira é un clásico do rock na bisbarra. E como di a canción que acaba de lanzar con 12 Labirinto segue “Bourando”, décadas despois.

Formou parte dos Zënzar e foi o fundador do programa pioneiro do rock na zona “O Inimigo Dentro” de Radio Cerceda.

Deixou un importante traballo de divulgación rockeira nas ondas e anos de concertos e cancións compostas na coñecida banda galega.

Actualmente compaxina a súa paixón musical entre as bandas Máxica e 12 Labirinto.

«Bourando» e «Renacer»

Con esta última acaba de lanzar dous temas que presentou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Unha nova versión de “Bourando” (á terceira semella ser a definitiva) e o tema “Renacer” que explica as orixes deste novo proxecto musical. Composicións gravadas nos Bonham Studios de A Coruña.

12 Labirinto nunca mantivo unha formación estable. Xunto con Silveira (guitarra e voz) o membro máis veterano é Jesús Abarca (baixo e voz). Recentemente incorporouse o batería Iván Couto e o guitarrista larachés Juan Carlos Cotelo, un nome propio do heavy metal en Bergantiños, colaborador de Lobos de Metal e membro da banda Tálesien.

A banda formada en Meirama no 2007, participa este sábado 20 de xullo na Batalla de Bandas do Flores Rock.

Esta é a conversa que mantivo Manuel Silveira con Xosé Manuel Lema en Radio Xallas. Desde o minuto 60.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos