A banda formada por Alberto, Álvaro, Maci e o camariñán Carlos gañou unha nova edición dos Premios Martín Códax como xa fixeran no 2018.
Nesta ocasión estaban nominados xunto cos vigueses Youcanthide e a banda liderada por Cristina Pena “Lost Minnow”.
A proposta musical de Arrhytmia segue colleitando éxitos, tanto por recoñecementos coma este, como pola presenza en festivais ou polas boas críticas aos seus tres lanzamentos discográficos.
Unha banda que busca a vangarda
“Espertei”, “Voltarán” ou “Como sangro” son temas populares entre a parroquia metaleira.
Como sinalan desde a produtora Galunk, Arrhythmia ofrecen un estilo onde o metal alíase coa música electrónica e incluso ritmos rap “buscando avanzar cara a un son máis vangardista”, como se reflexa no seu último traballo titulado “I”.
Nós tivemos a fortuna de poder ver a esta banda en directo no Castelo Rock e no Nicrarock