12.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Astarot ofrece un concerto para celebrar catro décadas de rock potente e compromiso cultural

Será o vindeiro sábado 6 de maio, ás 20h. no Auditorio municipal de Cangas. Astarot celebra o seu cuarto aniversario no fogar, pero cun concerto que traspasa as simbólicas fronteiras do Morrazo.

Pola dimensión da banda e pola envergadura do concerto.Xunto con Astarot estarán un feixe de artistas. Entre eles Bieito Romero e Xan Cerqueiro(Luar na Lubre), Alberto Cereijo(N.E.O. e Los Suaves), Fernando Calvo (Los Suaves) ou Rosa Cedrón.

Isto coincide co recente lanzamento do seu último disco “Baixo a luz de Breogán”, un excelente traballo cheo de estupendos temas onde o potente rock empápase en melodías celtas.

“Creo que é bo recuperar a raíz de cada un. Quixemos rocanrolizar a música de raíz e creo que o conseguimos. E facer un recoñecemento aos nosos grandes escritores como Curros Enríquez ou Rosalía de Castro” declaraba o guitarrista Carlos Gandón nunha entrevista en “Lobos de Metal”.

Astarot acaba de incorporar a un novo membro, o guitarrista Nano Vikendi que reforza o “póker” formado polo propio Gandón, Juan A. Antepazo(vocalista), Carlos Rodal(baixo) e o carismático José Manuel Piedra(batería).

As entradas para o concerto poden adquirirse desde 10 euros na web ataquilla.com

Compartimos a entrevista a Astarot en Lobos de Metal e imaxes dun concerto recente

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos