10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

“Camariñas”, presente no novo disco de Astarot

// Xosé Manuel Lema// “Encántanos Camariñas e foi un pracer tocar ese himno da vosa terra” explican a Adiante Galicia desde Astarot.

A tradicional canción “Camariñas” volve ser protagonista. Neste caso inclúese no disco “ Baixo a luz de Breogán” dunha das grandes bandas do rock galegas,  Astarot.

A canción é o terceiro corte do disco da banda e mesmo foi lanzada en formato vídeo.

«Camariñas é un pobo moi bonito»

Desde a redación de Adiante Galicia preguntamos ao grupo sobre a inclusión deste tema. O batería do grupo José Manuel Piedra:”Eu fun sempre fan desa canción desde que era moi pequeño. E  á banda tamén lle gusta. Ademais encántanos o pobo de Camariñas. É un pobo moi bonito. Xa fai anos que quixemos gravar esta canción e agora tocar ese himno da vosa terra”.

Sobre este novo traballo desde a banda manifestan:”O noso novo disco cargado de rock e tradición. 14 temas cos que agardamos que desfrutedes tanto coma nós a hora de facelos. Desexamos que este novo traballo sexa quen de aunar esa herdanza que nos brindaron os séculos de historia, e que coa axuda dos nosos amigos de Luar na Lubre poidemos darlle forma e imprimir ese toque celta que tanto nos presta”.

Catorce cancións cheas de excelente rock con selo dunha banda que leva case corenta anos de traxectoria cun forte compromiso cultural con Galicia. Con nove discos na súa biográfica e moitos concertos pola xeografía hispana. Noutro artigo falaremos deste gran disco.

Astarot son Juan A. Antepazo (Voz),Carlos Gandón (Guitarras),Carlos Rodal (Bajo)Loren Tevra (guitarras), José M. Piedra (Batería).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos