5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Avanzan as xestións para a Residencia de Maiores de Pino de Val

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Alvite, reuníronse esta mañá en Santiago de Compostela co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón, para definir fórmulas de colaboración do Goberno galego neste proxecto de carácter estratéxico para o municipio. 

Ofrecemento á Xunta

Durante a xuntanza, desde o concello explican que tanto o rexedor como a edil trasladaron ao representante do Goberno autonómico “a necesidade de desenvolver unha infraestrutura coma este en Mazaricos, un concello que conta cun grande número de veciñas e veciños por riba dos 65 anos de idade sen que ata hoxe se teña establecido ningún servizo residencial”.

Por este motivo, dende o Concello de Mazaricos tendeuse a man á Xunta para adherirse ao proxecto, que permitirá a atención ás persoas maiores da localidade sen necesidade de apartalas da súa contorna habitual. 

Juan Blanco pensa que a colaboración da Xunta é «lóxica»

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, sinala que “pola nosa banda, entendemos que a colaboración da Xunta de Galicia sería lóxica nun proxecto coma este pola extensión territorial que daría ás políticas de atención á terceira idade”.

A concelleira de Servizos Sociais, Sandra Alvite, engadiu que “aínda que por parte do Concello contamos cun plano de financiamento que nos permite desenvolver esta infraestrutura de maneira autónoma, polo que vai ser unha realidade en calquera caso xa en 2023, pensamos que é de xustiza que a Xunta se implique co benestar dos maiores non só do noso municipio, senón de toda a nosa comarca”. 

Residencia con prezo reducido para as persoas de Mazaricos

O pasado mes de febreiro, o pleno de Mazaricos acordou solicitar a desafectación do edificio do CEIP Pino de Val á Xunta de Galicia para establecer no mesmo unha residencia da terceira idade e mais un local social para a veciñanza.

O proxecto de residencia contará con aproximadamente 50 prazas, xerando arredor de 30 postos de traballo directos e indirectos. A residencia funcionará, ademais, con prezo reducido para as persoas de Mazaricos. O proxecto desenvolveuse con axuda da rolda de visitas que dende o Concello de Mazaricos se fixo noutros municipios galegos para coñecer as súas experiencias.

Esta residencia súmase a outras iniciativas de benestar para as persoas maiores en Mazaricos como a recente apertura das Casas do Maior, o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar ata alcanzar as 100 persoas usuarias e os servizos a domicilio de rehabilitación física e cognitiva. Durante os últimos anos, a partida orzamentaria destinada á atención da terceira idade en Mazaricos ten medrado de xeito continuo. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos