5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Os irmandiños de Teima invaden o agocho dos Lobos de Metal

Mateo Pichel e Xaquín Lema entraron coas súas guitarras afiadas dentro do agocho onde os Lobos de Metal gozan da música que lles gusta. Viven entre riffs poderosos e poemas ferventes.

Cada mércores ouvean polos montes hertzianos e as fragas de internet. Nesta ocasión, acompañados por dous músicos dun grupo emerxente de metal que chega desde a Terra de Soneira.

Chámanse Teima e desde Vimianzo ouvean tamén con forza, con temas como “Lume e espiñas” ou “Túa nai é meigha”. Este mércores, desde as 20h, participarán no programa que se emite desde Radio Xallas (107.5 FM) e internet (escoita aquí). E tamén en formato Podcast en Ivoox, Spotify ou Google Podcast. Na mesma emisora repítese o programa o xoves ás 13,00h.

Xunto con Teima no programa “número 17” de Lobos de Metal soarán novidades musicais, e compartíranse poemas, noticias e axenda de concertos. Xunto con Mateo e Xaquín forman parte de Teima o baixista Fabio Mouzo e o batería Pablo Alvite.

Todo os programa de Lobos de Metal

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos