10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Noticias Lobos de Metal: Rouco Son, Mileth, Lóstregos, Vøidwomb e outras bandas

Rouco Son é unha publicación gratuita de rock en galego tanto en formato físico como dixital.

Tres números editados (o último aparece este xoves) nos que se fala da actualidade de bandas como Ith, Dioivo, Lóstregos, Broa, Barbarian Prophecies, Vacalouras, Balmog, Mileth ou a banda de black metal Xerión que ocupa a última portada.

Artigos sobre a historia do metal en galego, onde hai referencias a grupos como Xudef Klas, sobre o rock progresivo galego dos 70 ou onde se recollen traballos como o de investigadora Estefanía Tarrío.

Rouco Son é unha publicación dirixida por Javier Carnota. O coordinador da mesma é Jacobo Mouriño, coñecido por formar parte de Dioivo. Máis información en roucoson.com.

Mileth en concerto

A banda de metal-folk Mileth actúa o vindeiro sábado 27 de novembro na Sala Rebullón (Tameiga-Mos). Estarán acompañados polos valencianos Cuélebre. Para Mileth será unha oportunidade de dar a coñecer o seu disco “Pregarias no albor a lúa morta”, que foi editado no 2019 pero a pandemia trastocou os plans.

Lóstregos e  Vøidwomb

Desde Barroselas- Viana do Castelo chega a terras coruñesas o grupo Vøidwomb co seu novo traballo “Altars Of Cosmic Devotion”.Acompañarán a Lóstregos no concerto deste venres na Sala Filomatic(22:00h). Pola parte de Lóstregos tamén se moven no campo do metal extremo e teñen como novidade o EP “Onde calan os corazóns, ruxen as pedras”.

Neste traballo inclúese un tema “o meigo das pedras” que adican ao noso veciño, o anacoreta de Camelle, Manfred Gnadinger. Ao día seguinte, as dúas bandas actuarán en Porto.

Noticias comentada nesta edición de Lobos de Metal

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos