Rubén Orion mantén o seu idilio coas ondas e o rock, co programa “Orion 2.1” que se emite os sábados en CUAC FM, co patrocinio de dous locais coruñeses, Mahara Taberna e Bar 13.
Nesta ocasión foi un dos protagonistas en “Lobos de Metal”(Radio Xallas) onde falou da historia do seu programa e tamén de propostas musicais interesantes autóctonas como as de Pölisong, Eager Platyplus, Cruceiro, Tálesien ou Barbarian Prophecies.
Entrevista a Rubén- Desde o minuto 66
Orion reflexionou sobre a súa vocación “por dar a coñecer a escena local” e levar grupos ao programa en tempos complexos con maior nivel e máis bandas pero onde “hai un consumo de usar e tirar cun contaxiou na música rock”.
Unha familia do rock que se parece á famosa “aldea gala” que bebía das pócimas de Panoramix. “Isto é moi endogámico. Cada vez somos menos. Somos como o pobo de Astérix. Debemos ter a mente máis aberta e eliminar o concepto de underground”.
Rubén Orion tamén fuxe da melancolía dos vinilos:”Está moi ben o clasicismo pero eu prefiro escoitar en MP3 ou wav”. Con respecto a Orion 2.1 pretende seguir convidando bandas locais ós estudios ubicados no barrio da Zapateira, e buscando novidades “que poidan ser interesantes na India ou en Croacia ….”. Iso sí “se Maiden saca un disco ten que soar”.No seu Facebook completa a súa importante tarefa divulgadora partillando vídeos, noticias e unha axenda de concertos.