16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Iago Pico:”Se o grupo medra, ti medras. Temos que retroalimentarnos entre todos”

– Xosé Manuel Lema-

Iago Pico comezou moi novo a súa paixón pola música. Con dezaseis anos xa cantaba nunha orquestra. Alí fixouse nuns aparellos que o engancharon:”Chamáronme a atención as mesas de mesturas. Xa tiña moi claro que ía ser técnico de son”.

E non é que houbera un nicho de mercado grande:”Non existía demanda, pero eu era moi cabezón” comentou Iago no programa “Lobos de Metal” de Radio Xallas.

Escoita aquí a entrevista- Desde o minuto 50

En 16 nos polos Pouland Studios xa pasaron máis de 400 artistas. Iago Pico recoñece que lle gusta aconsellar as bandas e entende que os estudios de gravación tamén son focos de creatividade:”Se o grupo medra, ti medras. Temos que retroalimentarnos entre todos. Encántame cando os grupos veñen coas orellas abertas”

Concentra toda a súa creatividade nos clientes, aínda que ocasionalmente fai algún cover. Houbo experiencia interesantes como a súa colaboración coa banda rusa de metal Exage.

Sobre o panorama musical sentenza:”A industria musical está tocada pero hai moita xente que está tocando”. Non lle cabe dúbida que “un bo produtor ten que saber en que punto está unha banda  e que se pode facer”.Iago Pico destaca que agora as bandas “están facendo moito sinxelo porque o formato disco é costoso e complicado de mover”.

Foi un dos convidados ao programa xunto co guitarrista de Evil Hunter Jose Rubio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos